19012019Sáb
Última edición: Vie, 18 Ene 2019 9pm

O Vigo Rugby comparte deporte e sorrisos cos nenos ingresados no Cunqueiro

Realizaron varias xogadas no exterior do hospital para que os pacientes puidesen velos desde as súas habitacións ou salas de estar

03 Enero 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia da visita. Abaixo, os xogadores practicando rugby no exterior do Cunqueiro. / Fotos: Sergas Foto de familia da visita. Abaixo, os xogadores practicando rugby no exterior do Cunqueiro. / Fotos: Sergas

O Vigo Rugby Club, como todos os anos por estas datas, visitou este xoves aos nenos e nenas que están ingresados nas plantas de Pediatría do Hospital Álvaro Cunqueiro.

Unha representación do club, varios membros do primeiro equipo da cidade e xogadores das súas categorías inferiores levaron aos pacientes máis pequenos unha mensaxe de agarimo e fixéronlles pasar un intre agradable, falando de deportes.

Como agasallos entregaron uns pasamontañas co logotipo do club de rugby da cidade e uns balóns ovalados.

Ademais, no exterior do hospital, e nun lugar visible desde as velas de hospitalización de Pediatría, realizaron unha serie de xogadas como “ melés”, “ touch” ou desprazamentos e aperturas co balón. Por uns instantes, o exterior do recinto hospitalario converteuse nun improvisado campo de adestramento.

A xerencia do Chuvi transmitiu a todo o colectivo o agradecemento por un xesto solidario que se repite anos tras ano desde que abriu o Álvaro Cunqueiro.R 4R 5

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

balance

dep

economía

comarcas

sanidad

  • Povisa renueva su área de partos
    Povisa renueva su área de partos Povisa ha reestructurado y renovado su área de partos con el objetivo de mejorar la comodidad de las mujeres que van a dar a luz en el hospital y facilitar que todo el proceso, desde la dilatación hasta el propio…
    Leer más...
  • Últimas noticias

  • Más leído