20102018Sáb
Última edición: Vie, 19 Oct 2018 11pm

A choiva non puido cos alumnos do San José no seu Camiño Solidario contra o acoso

Vintecinco escolares fixeron o Camiño para formarse como mediadores de conflitos e recadar fondos para un proxecto educativo no Perú

13 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os  escolares de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que fixeron  o Camiño foron elixidos polos seus propios compañeiros e compañeiras polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Os escolares de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que fixeron o Camiño foron elixidos polos seus propios compañeiros e compañeiras polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo.

Os alumnos e alumnas do colexio plurilingüe San José de la Guía finalizaron hoxe o seu Camiño de Santiago Solidario tras percorrer as etapas do Camiño Portugués que unen Tui e Compostela.

A pesar de que o día non acompañou pola choiva, ao chegar á Praza do Obradoiro agardávalles un gran recibimento das súas familias e da comunidade educativa, que cunha grande pancarta quixeron amosarlles o orgullosos que estaban deles por ter chegado ao final do seu reto solidario.

A andaina, que iniciaron o pasado martes vintecinco nenos e nenas, acompañados de varios docentes, tiña como obxectivo formalos como axentes contra o acaso escolar e mediadores de conflitos. Ademáis a través do recadado como apoio á este Camiño Solidario van axudar a un proxecto educativo para 35 mozos e mozas que a ONG Taller de Solidaridad ten en Urcos, un pobo da serra andina do Perú.

Os escolares de 6º de Primaria, 1º, 2º e 3º da ESO que fixeron o Camiño foron elixidos polos seus propios compañeiros e compañeiras polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demáis e compañeirismo. Ao longo estes días de Camiño traballaron valores como o esforzo, a solidariedade, a axuda aos demáis ou o compañeirismo. 

Durante as últimas semanas tamén buscaron patrocinadores que colaboraran economicamente co proxecto entre as súas familias e, sobre todo, entre establecementos comerciais e pequeñas empresas do barrio de Teis. O recadado permitiu sufragar o Camiño Solidario e tamén vai permitir colaborar na formación profesional de 35 mozos e mozas do pobo peruano de Urcos, mellorando as insfraestruturas do centro de formación e iniciando un novo programa de formación en artesanía de metáis e pedras, confección téxtil e gastronomía.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

obras

  • Coia dice adiós a sus míticos volcanes
    Coia dice adiós a sus míticos volcanes Coia dice adiós a sus míticos volcanes. El Concello ha procedido esta semana a su demolición en el marco de las obras que está haciendo con motivo de la instalación del carril bici y la reforma del inicio y final…
    Leer más...

medio ambiente

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído