20102018Sáb
Última edición: Sáb, 20 Oct 2018 1pm

Alumnos do colexio San José da Guía inician o Camiño de Santiago Solidario

Son 25 estudantes que saíron este martes de Tui para formarse como mediadores e recadar fondos para o Perú

08 Mayo 2018 por
Valora este artículo
(0 votos)
Os rapaces que participan no Camiño. / Foto: San José da Guía Os rapaces que participan no Camiño. / Foto: San José da Guía

Un total de 25 rapaces do colexio San José de La Guía, acompañados de varios docentes, iniciaron este martes en Tui o III Camiño de Santiago Solidario. Esta iniciativa ten un dobre obxectivo, xa que o Camiño vai servir para que se formen como axentes do proxecto posto en marcha polo centro para previr o acoso escolar e formarse como mediadores de conflitos, pero ademais a través do recadado como apoio á andaina van axudar a un proxecto educativo para 35 mozos e mozas que a ONG Taller de Solidaridad ten en Urcos, unha vila do Perú.

Os escolares de 6º de Primaria e da ESO que están a facer o Camiño foron elixidos polos seus compañeiros por ter destacado este curso polas súas actitudes de solidariedade, axuda aos demais e compañeirismo.

Este martes, a primeira hora da mañá, saíron de Tui “con moita ilusión”, segundo dixeron, e con “moitas ganas” de vivir una experiencia de convivencia e formación.

Ao longo desde días de Camiño os rapaces traballarán en valores como o esforzo, a axuda aos demais, o compañeirismo ou a solidariedade. Tamén recibirán formación sobre como previr o acoso escolar, a resolución pacífica de conflitos e a mediación escolar. O vindeiro curso este grupo pasará a formar parte do equipo de mediación do colexio San José de La Guía.

Está previsto que o sábado cheguen a Santiago despois de percorrer cinco etapas do Camiño de Santiago Portugués e o domingo rematarán esta experiencia cunha misa na catedral.

Deja un comentario

Asegúrate de llenar la información requerida marcada con (*). No está permitido el código HTML. Tu dirección de correo NO será publicada.

PUBLICIDAD

economía

celta

proyectos

el proyecto de thom mayne

  • Últimas noticias

  • Más leído