13122017Mié
Última edición: Mié, 13 Dic 2017 1pm

 

Vigo cooperará con 30.000 euros co proxecto humanitario de ACNUR en Iraq

Con esta achega, unhas 4.800 persoas recibirán artigos de primeira necesidade nas zonas de Salah al Din e Kirkuk

11 Octubre 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
Descarga de camiones con material para familias desplazadas en Irak. / Foto: ACNUR Descarga de camiones con material para familias desplazadas en Irak. / Foto: ACNUR

O goberno municipal aprobará unha concesión de 30.000 euros a ‘España con ACNUR’, o comité español do Alto Comisionado das Nacións Unidades para os Refuxiados, unha cantidade coa que a cidade olívica apoia o seu proxecto humanitario coa poboación iraquí.

Vigo xa colabora cun programa de asistencia humanitaria en Siria, cooperación internacional que agora estende a Iraq a través da nomeada entidade: "Vigo vai estar en Iraq igual que xa está chegando a Siria", apuntou o alcalde, Abel Caballero.

A subvención axudará a que unhas 4.800 persoas pertencentes a 800 familias -nas zonas de Salah al Din e Kirkuk- poidan ter acceso a asistencia humanitaria para cubrir parte das súas necesidades básicas. A iniciativa de ACNUR en Iraq supón a distribución de artigos básicos esenciais entre a poboación desprazada.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

infraestructuras

borrasca "ana"

sequía

sanidade

  • Últimas noticias

  • Más leído