24102017Mar
Última edición: Lun, 23 Oct 2017 8pm

Vigo achega 20.000 euros para colaborar cun proxecto humanitario de UNICEF en Siria

O Concello aprobou unha subvención directa á ONG para un programa educativo que beneficiará a 5.500 nenos e nenas nas zonas máis danadas polo conflito

04 Agosto 2017 por
Valora este artículo
(0 votos)
UNICEF ten en marcha un proxecto de axuda á educación dos nenos sirios. / Foto: UNICEF UNICEF ten en marcha un proxecto de axuda á educación dos nenos sirios. / Foto: UNICEF

O Concello de Vigo vén de aprobar unha subvención directa á UNICEF para un programa educativo que beneficiará a 5.500 nenos e nenas nas zonas máis danadas polo conflito de Siria. Co obxectivo de garantir o dereito a un ensino axeitado e cun enfoque de equidade, a cidade olívica achega 20.000 euros ao proxecto ‘Acceso a la educación en Siria: Aprender en el medio de la destrución’.

Con esa doazón, distribuirase material de aprendizaxe en zonas devastadas pola guerra, incluíndo as de difícil acceso e sitiadas como Aleppo ou Homs. Repartirase subministración básica de educación primaria para 1.200 nenas e nenos, subministración básica de ocio e recreación para 1.800 nenas e nenos e subministración básica de educación de primeira infancia, ata os 5 anos.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, apuntou que o consistorio comeza así a colaborar con Siria mediante unha "acción directa de apoio humanitario” pero que non se descarta “ampliar cantidades en función do que vaia propoñendo UNICEF".

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

incendios forestales

entrevista: greenpeace

vigo

  • Últimas noticias

  • Más leído