26052017Vie
Última edición: Vie, 26 May 2017 8pm

Silva reclama a Goberno e Xunta máis axudas para coidar ás persoas con Alzhéimer

A Deputación de Pontevedra axuda este ano a AFAGA con 35.000 euros para desenvolver un proxecto de atención xurídica e psicolóxica aos e ás familiares de pacientes

16 Mayo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, visitou este luns as instalacións da Asociación de Familiares de persoas enfermas de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia. / Foto: Deputación de Pontevedra A presidenta da Deputación, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, visitou este luns as instalacións da Asociación de Familiares de persoas enfermas de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia. / Foto: Deputación de Pontevedra

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada pola deputada de Cohesión Social e Xuventude, Digna Rivas, visitou esta mañá as instalacións da Asociación de Familiares de persoas enfermas de Alzhéimer e outras Demencias de Galicia, Afaga.

Carmela Silva e Digna Rivas foron guiadas polo presidente da Asociación, Juan Carlos Rodríguez, e demais persoal do seu centro de Vigo, para coñecer de primeira man tanto o traballo que desenvolven cos e coas pacientes destas doenzas neurodexenerativas ademais de recibir información tanto sobre a propia enfermidade como doutros eidos nos que se desenvolve o traballo do persoal de Afaga.

Carmela Silva asegurou que “Afaga é unha asociación imprescindible en Galicia xa que, grazas a elas e eles, as persoas que padecen Alzhéimer e as súas familias teñen un instrumento co que facer fronte a unha enfermidade que afecta cada vez a máis xente”. A presidenta provincial afirmou sentir “un profundo orgullo” polo feito de que “na nosa sociedade haxa persoas que de forma altruísta dediquen a súa vida, o tempo que teñen despois de realizar o seu traballo, a atender cuestións tan relevantes como que as persoas que padecen Alzhéimer teñan todos os recursos que lles permiten levar a cabo unha vida máis plena”.

Por iso, asegurou Carmela Silva, “na Deputación de Pontevedra imos facer este ano un enorme esforzo ao dedicar 35.000 euros a Afaga para que poida desenvolver un proxecto propio que vai permitir prestar esa atención que tanto necesitan os e as doentes”. O presidente de Afaga asegurou que “grazas á Deputación de Pontevedra podémoslle dar aos e ás familiares asesoramento xurídico, atención psicolóxica tanto grupal como individual e asesoramento de recursos” nun programa baixo o nome de “Alzhéimer 360” que ten como obxectivo “ver a realidade desta enfermidade dende unha óptica global, traballando na igualdade para tratar de que se recalque a cuestión de xénero” xa que o peso do coidado das persoas doentes sendo estando nas mulleres de entre 50 e 60 anos.

Con esta axuda, explicou Carmela Silva, “amosamos que dende a Deputación de Pontevedra lonxe de reducir os recursos para a cohesión social, aumentámolos”. A presidenta provincial denunciou que “as administracións deberían atender con moita más fortaleza esta enfermidade e, sobre todo, con moitos máis recursos, concretamente a Xunta de Galicia e o Goberno estatal”. Carmela Silva, afirmou, “entendo que son estas dúas administracións quen deberían pór todos os recursos necesarios para que estas persoas e familiares teñan os recursos necesarios. Iso non acontece, a lei de dependencia está practicamente paralizada, en moitos lugares de España e particularmente en Galicia” e esta situación débese reverter porque “vivimos nunha sociedade onde cada vez nos facemos máis maiores, aumenta a esperanza de vida e, polo tanto, o Alzhéimer ten como perspectiva aumentar o número de persoas que o padecen”.

Carmela Silva tamén denunciou a situación das coidadoras, “que seguen a ser as mulleres”, e asegurou que “hai que pór á súa disposición os recursos necesarios para que non teñan que abandonar a súa vida laboral para coidar aos e ás familiares que padecen esta enfermidade”. Para iso, asegurou a presidenta provincial, “fai falla que haxa persoal coidador con salarios, dereitos e que poidan facer fronte ás súas propias necesidades”.

Na provincia de Pontevedra arredor de 15.000 persoas poden padecer unha enfermidade neurodexenerativa e arredor de 40.000 están afectadas en total por esta situación. Este tipo de doenzas adoitan evolucionar cara á dependencia absoluta e, por iso, as familiares abandonan as súas carreiras profesionais e moitos aspectos das súas vidas persoais para dedicarse cada vez máis ao seu coidado, denuncian en Afaga.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

banner reciclaje b FCC 2017

tráfico

tráfico

una imagen de vigo

  • Finca Guadalupe
    Finca Guadalupe Esta finca se llama “Guadalupe”, tal como reza en su gran portalón de entrada. Está ubicada en la Avenida de La Florida de la ciudad de Vigo, y el crecimiento urbano la va envolviendo.
    Leer más...

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído