20072017Jue
Última edición: Jue, 20 Jul 2017 8pm

O goberno de Vigo apoia con 214.000 euros a entidades de Benestar

Colaboración con AFAGA, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Vida Digna e o Banco de Alimentos

11 Abril 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Firma dos convenios. / Foto: vigo.org Firma dos convenios. / Foto: vigo.org

O alcalde asinou este martes convenios de colaboración con Afaga, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo, a Asociación Vida Digna e o Banco de Alimentos. Ademais, a Xunta de Goberno Local aprobou dous proxectos de apoio a emprendedores.

Coa máxima de que "a política social é o máis importante que hai en Vigo", Abel Caballero firmou este martes catro convenios de apoio a entidades da área de Benestar por un valor total de 214.000 euros.

En virtude do mesmo, Afaga (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer) recibirá 18.000 euros, a Asociación de Persoas Xordas de Vigo 20.000 euros, a Fundación Provincial Banco de Alimentos recibe 86.000 euros e a Asociación Vida Digna 90.000 euros. No caso destas dúas entidades, o rexedor apuntou que "é practicamente a axuda máis importante que teñen" e, no nome da cidade, agradeceulles o seu labor, especialmente nos comedores sociais.

Ademais, o alcalde deu conta da aprobación na Xunta de Goberno Local do proxecto empresarial "Saudepet", orientado á xeración de emprego para ofrecer servizos para mascotas e o proxecto "Novos Vigueses polo emprendemento", un programa de itinerarios de emprendemento xuvenil destinado a mozos de entre 16 e 30 anos que recibirán formación individual e aprendizaxe con estancias en Start-ups. O proxecto no que o goberno municipal ten "gran confianza" desenvolverase entre setembro e abril de 2018 e contará cunha achega de case 200.000 euros.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

vigo

una imagen de vigo

  • Para dejarse llevar
    Para dejarse llevar La fotografía está tomada al atardecer de un día cualquiera del mes de julio. Muestra la Ría de Vigo con algunos de sus colores sorprendentes y con las brumas del verano velando el contorno de los montes de O Morrazo.
    Leer más...

casco vello

  • Últimas noticias

  • Más leído