29042017Sáb
Última edición: Vie, 28 Abr 2017 10pm

solidaridad

Empregados e clientes de Abanca dan 2.500 quilos de comida ao Banco de Alimentos

A iniciativa solidaria “Ti, o elo máis importante” desenvolveuse durante a segunda semana de marzo en once oficinas de Vigo e a súa área de influenza

20 Marzo 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
No acto celebrado en Vigo participaron, por parte do Banco de Alimentos, o seu vicepresidente Ernesto Badía, o seu tesoureiro Álvaro Janeiro e Antonio Rodríguez Lijo; e por parte da entidade financeira, o seu director territorial en Vigo, Jorge Martínez. / Foto: Abanca No acto celebrado en Vigo participaron, por parte do Banco de Alimentos, o seu vicepresidente Ernesto Badía, o seu tesoureiro Álvaro Janeiro e Antonio Rodríguez Lijo; e por parte da entidade financeira, o seu director territorial en Vigo, Jorge Martínez. / Foto: Abanca

Abanca entregou este luns á Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo un total de 2.500 quilos de alimentos non perecedoiros e de produtos de hixiene recollidos durante a iniciativa solidaria “Ti, o elo máis importante”.

No acto celebrado en Vigo participaron, por parte do Banco de Alimentos, o seu vicepresidente Ernesto Badía, o seu tesoureiro Álvaro Janeiro e Antonio Rodríguez Lijo; e por parte da entidade financeira, o seu director territorial en Vigo, Jorge Martínez.

Grazas a esta campaña solidaria, os clientes e empregados de Abanca puideron depositar as dúas doazóns nos contedores especificamente habilitados en once oficinas de Vigo, Redondela, Porriño, Moaña, Nigrán, Ponteareas e A Guarda, así como na sede institucional de Abanca en Vigo. Unha iniciativa que se estendeu durante a segunda semana de marzo e na que se recolleron bricks de leite, alimentos infantís, paquetes de pasta, arroz ou legumes, botes de conservas vexetais ou produtos de hixiene, entre outros.

Ambas entidades manteñen unha colaboración estable e impulsaron conxuntamente diversas iniciativas para facilitar a recolección de alimentos nos últimos meses. Sen ir máis lonxe, na pasada primavera Abanca e o Banco de Alimentos activaron por segundo ano consecutivo unha campaña de doazón de cestas de produtos básicos en dez oficinas do Baixo Miño. Esta participación solidaria tamén tivo o seu reflexo nas ceas de Nadal de empregados da entidade financeira, nas que se recolleron alimentos non perecedoiros.

Sobre o Banco de Alimentos de Vigo
A Fundación Provincial Banco de Alimentos de Vigo é unha ONG creada hai agora 22 anos. Na actualidade axuda a uns 150 colectivos sociais da provincia, que dan cobertura a preto de 25.000 persoas con dificultades.

O pasado ano repartiu máis de 2,1 millóns de quilos de comida, cifra que supón un 25% máis que no 2015. Unha das principais campañas do ano, a Gran Recollida Solidaria que tivo lugar no último fin de semana de novembro, serviu para encher os almacéns da ONG con 309.000 quilos de comida. Nas vindeiras semanas porá en marcha a primeira Operación Quilo do ano, para recuperar o stock de produtos básicos nos seus almacéns de Vigo e Pontevedra.

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

sucesos

vigo

sucesos

celta

  • Últimas noticias

  • Más leído