09122019Lun
Última edición: Lun, 09 Dic 2019 6pm

Un comedor social para o Val Miñor servido por alumnos desempregados

Os vinte alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” serán os encargados de elaborar as comidas e dar o servizo de restaurante dúas veces á semana na Residencia Tempo Libre de Patos

07 Febrero 2017 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Os alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar, este martes, xunto aos alumnos do obradoiro de emprego. / Foto: Mancomunidade Val Miñor Os alcaldes de Baiona, Nigrán e Gondomar, este martes, xunto aos alumnos do obradoiro de emprego. / Foto: Mancomunidade Val Miñor

A Mancomunidade do Val Miñor puxo en marcha este martes o comedor social que será atendido ata maio polos alumnos do V Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” posto en marcha cunha achega de 179.134,20 euros (97.150,20 euros para os gastos salariais dos alumnos) da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia.

A quinta edición do Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” está promovido pola Mancomunidade do Valmiñor e estase a desenvolver desde o 1 de decembro de 2016, na Residencia de Tempo Libre de Panxón. Ao longo dos seis meses de duración, os vinte alumnos traballadores (dez de operacións básicas de cociña e de servizos de restaurante), serán os encargados de elaborar as comidas e servizo de restaurante para o comedor social que comezou a funcionar este martes.

Os traballadores do obradoiro son sempre seleccionados a través das listaxes do INEM, mentres que os usuarios do comedor social proceden dos departamentos de servizos sociais dos tres concellos da Mancomunidade do Val Miñor.

O presidente da Mancomunicade e alcalde de Baiona, Ángel Rodal; o alcalde de Nigrán, Juan González, e o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira, acudiron este martes á presentación do obradoiro e á apertura do comedor social que se desenvolve os martes e xoves, segundo a programación do obradoiro, durante todo o proxecto.

O director do Obradoiro de Emprego "Terras do Miñor", Jose López, destacou a profesionalidade dos responsables do obradoiro e a calidade do servizo que prestarán todos os alumnos. “Temos un comedor social de primeira categoría”, sinalou.

Pola súa banda, Ángel Rodal destacou os esforzos da Mancomunidade para conseguir “xente preparada e especializada grazas aos obradoiros, de maneira que poidamos fomentar o emprego no Val Miñor e que mediante a formación poidan entrar no mercado de traballo”.

O Obradoiro de Emprego “Terras do Miñor” foi solicitado dende a Mancomunidade o 24 de febreiro, obtendo a resolución favorable da Xunta en outubro. Esta será a quinta edición e contará cunha duración de 6 meses (960 horas en total), comezando o 1 de decembro na Residencia de Tempo Libre de Patos e rematando o 31 de maio.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

urbanismo

  • Últimas noticias

  • Más leído