O deportista catalán, famoso pola súa participación nas probas do rally Dakar onde sufriu un accidente que lle causou unha lesión medular, pilota agora unha loita polo recoñecemento da capacidade do deporte para integrar a persoas con algunha discapacidade física, ao través dunha fundación.
A experiencia realizada co apoio de Máis que Auga serviu para recadar fondos nunha operación combinada con centros de Ferrol, Pontevedra e o centro ponte de Coruxo. Competindo en series individuais ou por equipos, os participantes na experiencia combinaron o uso dos tres aparellos que forman a especialidade deportiva do tríatlon indoor: o skier (aparello que simula o esquí de fondo), a wattbike (bicicleta estática) e o remoergómetro.
Os participantes declaráronse moi satisfeitos de converter o seu esforzo, en vatios acumulados o metros recorridos, nun compromiso social. Para Isidre Esteve foi ocasión de dar visibilidade ao traballo dunha fundación que permite “adaptar la práctica del deporte a cada discapacidad”. Para usuarios como Brais (20 anos), Máis que Auga é un lugar onde acode habitualmente na súa cadeira de rodas para facer deporte.
«Máis que Auga mantén un compromiso coa función social e de integración a través do deporte, ofrecendo aos usuarios con algún tipo de discapacidade abonos especiais e o uso dunhas instalacións adaptadas a persoas con problemas de mobilidade», afirman desde o centro deportivo. Ademais explican que dánlle visibilidade ás cuestións de integración social cunha política de apoio a deportistas paralímpicos como Chano Rodríguez e Susana Rodríguez Gacio, ou ao equipo de baloncesto en cadeira de rodas do Amfiv.