Esta vivenda consegue adaptarse ás necesidades dos seus habitantes, coidando ademáis de factores coma o confort, a seguridade, a enerxía, as comunicaciones e a accesibilidade.
Con este proxecto, os promotores procuran amosar as posibilidades de construción e dotación de mobiliario dunha vivenda accesible e sostible tendo en conta as diferentes situacións de discapacidade, e ofrecer solucións técnicas e tecnolóxicas diversas, a través das tecnoloxías que se precisen e tendo en conta tamén os criterios de accesibilidade.
En definitiva, con esta Casa, os organizadores tratan de dar a coñecer as posibilidades do deseño universal para que se coñeza, demande e ofreza estes servizos á sociedade.
????@Fundacion_ONCE expone en Vigo una casa inteligente, accesible y sostenible https://t.co/Am0nIXirax
@depo_es @xuventude_vigo @regades pic.twitter.com/SCvdG9p4RW— ONCE (@ONCE_oficial) 27 de junio de 2017