A terceira edición desta proba terá lugar desde ás 11.00 horas no pavillón 3 do Ifevi. Os interesados en informarse ou anotarse poden facelo en contralameningitis.org e tamén en ataquilla.com. O obxectivo é a inclusión, por parte do Ministerio de Sanidade, da vacina contra o meningococo B no calendario oficial de todas as comunidades autónomas.
Andalucía, Canarias e Castela e León xa a teñen incluída ou aprobada e anunciada, e a asociación pídelle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que a inclúa tamén en Galicia, por ser unha vacina segura, recomendada polos pediatras e que dúas de cada tres familias galegas compran para os seus fillos.