A actividade enmárcase nas directrices do Plan Estratéxico da área sanitaria de Vigo de achegar aos pacientes o coñecemento dos traballos científicos, de investigación ou asistenciais.
Trátase de aproximar aos nenos e nenas hospitalizados determinados experimentos moi simples, a fin de que a ciencia sexa unha actividade máis divertida para os máis pequenos en idade escolar.
No proxecto portugués están implicados 23 científicos pertencentes ao Laboratorio Ibérico Internacional de Nanotecnoloxía INL. A iniciativa quere estenderse aos hospitais de Portugal e España para usuarios de todas as idades e non só para os máis pequenos.
As demostracións prácticas aos pequenos pacientes do Álvaro Cunqueiro consistiron, entre outras, en ver nanopartículas, medir a altura en nanómetros ou vestirse como nanocientíficos.