Con respecto á información ofrecida aos usuarios, reforzouse este servizo coa dotación de dous novos Postos en Consultas Externas, na planta -1. Trátase de Puntos Informativos ben visibles, e emprazados en zoas estratéxicas, como son as entradas ao Hospital de Día e a Precisamente, a dirección do Hospital, consciente da necesidade de mellorar a información aos usuarios, tanto cuantitativa como cualtitativamente, abordou un proxecto específico para progresar neste ámbito, no que ademais de incrementar a dotación destes Postos, traballouse na formación do persoal adicado a Atención ó paciente coa impartición de cursos teóricos e prácticos especialmente deseñados para eles.
O Sergas engade que tamén neste ámbito enmárcase a sinalización horizontal do chan, para guiar aos pacientes que acceden por consultas externas a aquelas áreas de maior frecuentación como o servizo de Radioloxía ou os gabinetes de probas diagnósticas de cardioloxía, dixestivo, uroloxía ou as respiratorias.
Da mesma forma houbo melloras nas áreas de Xestantes e Neonatoloxía do centro, xa que dispor dun entorno confortable contribúe a minimizar o impacto que supón a hospitalización para os pacientes, e a facer a súa estadía máis agradable.
Así, mantendo a uniformidade estética do edificio, dotouse a eses espazos coa obra da artista viguesa e facultativa farmacéutica do Chuvi, Iria Blanco. A temática dos cadros está relacionada con estas áreas asistenciais, polo que ademais de darlle calidez ao entorno, constitúen un elemento identificador das devanditas áreas.