A hospitalización iniciouse con 32 pacientes que foron trasladados desde as Unidades de Agudos do servizo de Psiquiatría do Hospital Meixoeiro e do Nicolás Peña. Nesa primeira semana o Hospital rexistrou 71 ingresos. No mes de setembro xa contabilizáronse 1.003 hospitalizacións, e será no mes seguinte, en outubro, cando se estabiliza a actividade, e se acada xa a cifra de 2.478 pacientes hospitalizados.
Segundo informa o Sergas en base aos datos de actividade, no momento actual, o Álvaro Cunqueiro rexistra unha media mensual de 2.481 pacientes hospitalizados cunha estadía media de 8,13 días. Marzo foi o mes de maior actividade, con 2.917 ingresos.
Por áreas, á médica rexistrou 10.975 hospitalizacións; a área cirúrxica 9.563; a materno infantil 7639; a psiquiátrica 1.007; e Coidados Críticos (Medicina Intensiva, UCI neonatal e UCI pediátrica) 588, dos que 383 foron nenos menores de 14 anos.
Os servizos médicos con maior número de ingresos foron Medicina Interna, seguido da Unidade de Curta Estadía e de Cardioloxía. En canto ás especialidades cirúrxicas, Cirurxía xeral e dixestiva, Traumatoloxía e Uroloxía foron as que tiveron máis pacientes hospitalizados.
Dos máis de 7.600 pacientes da área materno infantil, 4.780 corresponden a Obstetricia e 2.859 foron ingresos pediátricos.
O Hospital conta con 567 habitacións. Teñen unha superficie de 27 metros cadrados, con ventana ao exterior de case tres metros cadrados; e con sofá-cama para os acompañantes. Todas contan con baño adaptado para persoas con discapacidade física, mesillas móbiles e camas especiais de articulación eléctrica.