• VigoÉ
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    miércoles, 11 de febrero de 2026
    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión
    No Result
    View All Result
    VigoÉ
    No Result
    View All Result

    Pneumoloxía do Chuvi completa un procedemento endoscópico pioneiro en Galicia

    O tratamento consistiu na redución do volume pulmonar dun doente con enfisema grave mediante a implantación de válvulas no seu interior, unha técnica pouco invasiva que pode beneficiar a miles de pacientes
    Redacción por Redacción
    31 de Oct, 2019
    en Salud
    0
    Pneumoloxía do Chuvi completa un procedemento endoscópico pioneiro en Galicia

    A actuación foi “un éxito” e efectuouse sen complicacións nun paciente de 56 anos cun enfisema moi grave e severamente sintomático, a pesar de ter recibido o máximo tratamento médico e estar nun programa de rehabilitación respiratoria.

    Os pneumólogos Manuel Núñez e Maribel Botana foron os encargados de realizar a técnica, que é minimamente invasiva e que xa reporta ao enfermo unha importante melloría na súa calidade de vida. De feito, en pouco máis dunha semana (a intervención realizouse o pasado día 22 deste mes), o enfermo xa recuperou capacidade respiratoria, que anteriormente era practicamente nula debido á gravidade do enfisema que padecía.

    “A situación do paciente era moi complicada, xa que a causa do enfisema, non tiña apenas capacidade de exhalar o aire que inhalaba. Apenas podía camiñar 50 metros sen sufrir unha fatiga extrema. Agora xa camiña case 500 metros sen excesiva dificultade”, relata Manuel Núñez.

    Unha técnica que non necesita cirurxía
    O procedemento consistiu na colocación, mediante unha broncoscopia flexible de pequenas válvulas de nitinol (unha mestura de metais recuberta de silicona moi utilizada na fabricación de válvulas artificiais) nos bronquios do lóbulo pulmonar máis afectado, co fin de de permitir a saída do aire almacenado impedindo a súa entrada. Desta forma conséguese un efecto de perda de volume do pulmón (inchado a causa do enfisema) a expensas das zonas máis destruídas do mesmo, o que permite un mellor funcionamento dos lóbulos pulmonares menos afectados pola enfermidade.

    O enfisema é unha afección pulmonar que causa dificultade para respirar e está asociado á EPOC. As persoas que padecen enfisema teñen danados os sacos de aire dos pulmóns (alvéolos). Co paso do tempo, as paredes internas dos sacos de aire debilítanse e rompen, o que crea espazos de aire máis grandes en lugar de moitos espazos pequenos. Isto reduce a superficie dos pulmóns e, á súa vez, a cantidade de osíxeno que chega ao torrente sanguíneo. Ao exhalar, os alvéolos danados non funcionan normalmente e o aire vello queda atrapado sen deixar lugar para que entre aire fresco e rico en osíxeno.

    “Coa implantación das válvulas conséguese reducir esa especie de globo que impide a saída do aire e mellorar a calidade respiratoria do paciente”, explica o doutor Núñez.

    Mediante este tratamento, pacientes moi seleccionados con EPOC cun tipo de enfisema moi severo conseguen unha importante melloría que permite eludir intervencións cirúrxicas que, aínda que efectivas, teñen un elevado índice de morbilidade. Nalgúns casos concretos permite evitar ou pospoñer durante anos un posible transplante de pulmón.

    O doutor Núñez subliña que “unha vantaxe máis deste tipo de tratamento mediante válvulas endobronquiais é a súa reversibilidade; é dicir, pódense retirar ambulatoriamente mediante unha broncoscopia en caso de complicacións”.

    Unha unidade coa máxima acreditación
    A Unidade de Endoscopia e Pneumoloxía Intervencionista do Chuvi dispón, desde o ano 2015, da máis alta acreditación nacional por parte da Sociedade Española de Pneumoloxía e Cirurxía Torácica (SEPAR). En concreto, está acreditada como “Unidade de Alta Complexidade”.

    Só hai sete unidades en España con esta acreditación de máximo nivel, que permite realizar todo tipo de procedementos de pneumoloxía intervencionista. Anualmente o servizo leva a cabo máis de 2.000 procedementos deste tipo: ao redor de 1.500 broncoscopias e uns 500 procedementos pleurais.

    Do bo resultado da primeira vez que se realizou esta técnica en Galicia beneficiaranse máis pacientes que, sen ser un número elevado, teñen as condicións específicas para poder someterse ao tratamento.

    43

    RelacionadosArtículos

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal
    Local

    Un camión de la basura atrapado en un socavón mantiene en vilo a los vecinos de Rúa Casal

    10 de Feb, 2026
    La compañía de automoción GKN Driveline Vigo inicia un proceso de despido para 75 personas
    Economía

    Convocados siete días de huelga en GKN Vigo ante la falta de garantías en el ERE

    10 de Feb, 2026
    Local

    Rodríguez Calviño desmiente el «caos» y acusa al PP de «difamar» a la Policía Local

    10 de Feb, 2026
    La lluvia ahoga el marisqueo en la ría de Vigo: trabajar sin cobrar para salvar un oficio ancestral
    Actualidad

    La lluvia ahoga el marisqueo en la ría de Vigo: trabajar sin cobrar para salvar un oficio ancestral

    10 de Feb, 2026
    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’
    Local

    Vigo se convierte en la capital mundial de los ‘Puertos Azules’

    10 de Feb, 2026
    La patronal del metal suspende la reunión en Vigo y traslada el conflicto al entorno virtual
    Actualidad

    La patronal del metal suspende la reunión en Vigo y traslada el conflicto al entorno virtual

    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 8

    ROMPEPAGINAS A – 9

    ROMPEPAGINAS A – 10

    ROMPEPAGINAS A – 5

    ROMPEPAGINAS A – 14

    ROMPEPAGINAS A – 3

    ROMPEPAGINAS A

    ROMPEPAGINAS A – 2

    ROMPEPAGINAS A – 11

    Más Vistos

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    Urbanismo advierte a una gasolinera ‘low cost’ de Vigo por incumplir la cesión de una parcela al Concello

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    La rotonda reina de las ‘fochancas’ está en Vigo: grandes hoyos frente a colegios, zona comercial y un hospital

    por Redacción
    04 de Feb, 2026
    0

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    Un espectacular accidente en Vigo y una baliza V-16 se viralizan en toda España

    por Redacción
    03 de Feb, 2026
    0

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    Un turismo da varias vueltas de campana en un estrepitoso accidente y el conductor sale por su propio pie

    por Redacción
    06 de Feb, 2026
    0

    ROMPEPAGINAS A – 13

    ROMPEPAGINAS A – 6

    ROMPEPAGINAS A – 12

    ROMPEPAGINAS A – 7

    MÁS VIGO

    El ascensor de las sorpresas
    Más Vigo

    El ascensor de las sorpresas

    Las personas que habitualmente utilizan este ascensor ya han perdido la cuenta del número de averías desde su inauguración. Se...

    por Julio Alonso
    10 de Feb, 2026

    ROMPEPAGINAS A – 5

    HISTORIA DE VIGO

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”
    Más Vigo

    1916: un submarino alemán hunde al carguero “Vigo”

    El 31 de marzo de 1916, un torpedo de un submarino alemán echaba a pique al vapor “Vigo” en aguas...

    por Eduardo Rolland
    03 de Feb, 2024

    EL VIGO DE OTRA ÉPOCA

    Vigo y sus teatros
    Más Vigo

    Vigo y sus teatros

    Los vigueses pudieron ver en la escena a grandes actores como José María Rodero o Alberto Closas y magníficas actrices...

    por Fernando Torres Carbajo
    28 de Nov, 2015

    LIBROS

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’
    Libros

    Literatura bajo sospecha de amor: Mos revive su ‘Cita a cegas cos libros’

    En tiempos de algoritmos que predicen hasta nuestro próximo suspiro, la Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos ha decidido...

    por Redacción
    10 de Feb, 2026

    OPINIÓN

    David Regades al frente de la tecnología viguesa
    Opinión

    David Regades al frente de la tecnología viguesa

    El pasado día 30 de enero de 2026, con la asistencia de diferentes personalidades y con la presencia del ministro...

    por Julio Alonso
    07 de Feb, 2026
    • Quienes Somos
    • Aviso Legal
    • Contacto

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    No Result
    View All Result
    • Vigo
      • Local
      • Sucesos
      • Marítima
      • Economía
      • Más Vigo
    • Cultura
      • Música
      • Arte
      • Libros
      • Exposiciones
      • Pintura
      • Cine
      • Arquitectura
      • Espectáculos
    • Comarcas
      • Baixo Miño
      • Condado
      • Louriña
      • Morrazo
      • Paradanta
      • Redondela
      • Val Miñor
    • Deportes
    • Tendencias
    • Actualidad
    • Salud
    • Solidaridad
    • Medio Ambiente
    • Viajes
    • Motor
    • Opinión

    © 2019 VigoÉ - Noticias de última hora sobre Vigo y su área metropolitana .

    Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. AceptarRechazar Saber Más
    Privacy & Cookies Policy

    Privacy Overview

    This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
    Necessary
    Siempre activado
    Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
    Non-necessary
    Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.
    GUARDAR Y ACEPTAR