É o terceiro ano que o hospital Álvaro Cunqueiro celebra este día, no que se pretende concienciar á cidadanía sobre os nenos e nenas que deben permanecer hospitalizados por distintas doenzas e patoloxías.
O Día do Neno Hospitalizado celébrase todos os anos o 13 de maio. Nesta ocasión, ao coincidir a data en domingo, adiantouse en todos os hospitais españois ao venres.
Ademais, durante toda a mañá proxectouse na zona de recreo da que dispón o hospital, un vídeo coa coreografía da canción, realizado este ano para a ocasión por “Os Guachis”, do Hospital Universitario de Albacete.
Patoloxías
As distintas unidades que compoñen o Servizo de Pediatría do Chuvi teñen diariamente unha media de 60 menores ingresados, desde bebés ata os 15 anos de idade.
Unha boa parte deses ingresos corresponden a menores de 2 anos, que adoitan quedar ingresados por problemas respiratorios.
Séguenlle, en porcentaxe, os menores que padecen enfermidades crónicas e que se descompensan por diferentes motivos ao longo do ano.
Ademais están os nenos ou nenas oncolóxicos e os que acoden ao hospital para ser intervidos nos quirófanos do Álvaro Cunqueiro e que permanecen unhas horas na Unidade de Cirurxía Maior Ambulatoria infantil ou son ingresados posteriormente nas plantas de hospitalización.