As familias destas parroquias mobilízanse para manter un servizo que atende a máis dun milleiro de nenos e este luns reuníronse con Abel Caballero, que lles mostrou o seu apoio.
O alcalde lles puxo de manifesto que as vacacións dos facultativos non son accidentes imprevisibles que xustifiquen a esta situación. Na súa opinión, o que está a Xunta está a desmantelar o servizo de pediatría destas catro parroquias o que tamén afectará a Navia xa que os profesionais dese centro de saúde terán que atender a máis nenos.
O alcalde anunciou o envío dunha carta ao presidente da Xunta reclamando a reposición do pediatra, así como unha planificación do como se van suplir as vacacións os próximos anos. «Imos defender a sanidade de Oia, Saiáns, Coruxo e Comesaña, empezando polo pediatra, e xa lle advirto a Feijóo que non imos permitir o desmantelamento da sanidade na cidade de Vigo», dixo Caballero.