«O obxectivo desta medida é incrementar o contacto coa cidadanía a través as tecnoloxías dixitais, cunha información cada vez máis personalizada a fin de conseguir unha maior eficiencia na atención asistencial e unha menor molestia para o usuario», informa o Sergas nun comunicado.
Primeiro paso
A primeira mensaxe que recibirá o usuario no seu móbil conterá o seguinte texto:
“O SERGAS desexa mellorar a comunicación de xeito personalizado con vostede. A partir de agora empregaremos mensaxes SMS para recordarlle as súas citas ou avisos de saúde. Este é o telefono rexistrado como vía de contacto móbil para o cidadán co CIP XXXXXX……………..Se non quere recibir as mensaxes ou o CIP da súa tarxeta sanitaria non se corresponde con vostede, prema no seguinte enlace para darse de baixa no servizo http://ow.ly/SMSPjkikbH”
O Sergas enviará case 390.000 mensaxes iniciais co citado texto. Farao de forma progresiva, aínda que o prazo para esas notificacións non excederá dunha semana.
A partir da recepción desa primeira mensaxe, o sistema quedará activado para o usuario e a partir dese momento o paciente comezará a recibir a información que sexa do seu interese (datas dos períodos de vacinación, resultados concretos de cribados e outras) ou os recordatorios da consultas hospitalarias.
As mensaxes para lembrar hora e fecha das citas hospitalarias remitiranse en horario diúrno nas 72 ou 24 horas previas.
Vantaxes
«Coa posta en marcha deste sistema, a área sanitaria disporá dun mecanismo máis para promocionar información e axudar aos pacientes. En definitiva, trátase de incorporar a mensaxería co paciente e o seu coidador na rutina asistencial», explica o Sergas.
Desde a área sanitaria considérase que esta ferramenta «pode ser de gran utilidade», por exemplo nestes momentos, na campaña de vacinación da gripe, recordando aos pacientes a conveniencia de vacinarse e onde facelo, ou a súa cita coa enfermeira de atención primaria. «O seu uso xeneralizado axudará a que os pacientes non perdan a cita e teñan que volver a solicitar unha nova, o que, as veces, acaba xenerando unha consulta adicional en atención primaria», engade.
Para o desenvolvemento desta ferramenta utilizarase a plataforma Lembra do Sergas que de xeito automático, envía as mensaxes predefinidas, en xeral sin información clínica, solo administrativa. En casos puntuais tamén poderán enviarse mensaxes personalizados. Esta é a base tecnolóxica do sistema de mensaxería que xa se está utilizando no CHUVI para o envío dos SMS durante os procesos cirúrxicos dos pacientes aos seus familiares autorizados, e que está xenerando un alto grao de satisfacción entre os usuarios.