Engádese ademáis que «a planificación económica dos novos centros de saúde previstos pola Xunta inclúense, como vén sendo habitual na planificación económica, nunha partida global, que no 2019 ascende a 18,7 millóns de euros».
No comunicado sinálase que «a Xunta cumpre así cos compromisos adquiridos cos veciños aos que o pasado mes de xullo lles presentaban ao detalle o correspondente plan funcional e reitera a aposta do Goberno galego por un sistema sanitario máis próximo, áxil, moderno e eficiente».
O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, dará conta este martes das previsións para a construción de novos centros de saúde na comparecencia en sede parlamentaria para explicar os orzamentos do departamento que dirixe.