«O proceso de xestación e o parto conleva unha serie de riscos asociados tanto para a nai como para o bebé», apunta o Sergas. O último informe da Organización Mundial de la Salud (OMS) revela que cada día falecen no mundo 830 mulleres por causas prevenibles relacionadas co embarazo e o parto, o 99 por cento nos países en desenvolvemento.
As solucións sanitarias para prevenir ou tratar estas complicacións son coñecidas: todas as mulleres necesitan acceso á atención prenatal durante a xestación, á atención especializada durante o parto e á atención e apoio nas primeiras semanas tralo nacemento do seus fillos ou fillas. «Por isto, é importante que todos os partos sexan atendidos por profesionais sanitarios capacitados, dado que a atención e tratamento a tempo poden supoñer para a muller e o neno a diferencia entre a vida e a morte», apunta o Servizo Galego de Saúde.
«Non se pode banalizar ou trivializar un proceso que, aínda que biolóxico e natural, non está exento de riscos para a sáude; hai que controlar e vixíar o embarazo e o parto coas medidas mínimas que garantan a súa seguridade. As diferentes correntes seudocientíficas que optan por procesos ou terapias que non contan con todas estas garantías incrementan os riscos e comprometen a saúde tanto da nai como do bebé», asegura.
Artículo relacionado: Fallece un bebé en Vigo durante un parto domiciliario
O Sergas subliña que un dos maiores fitos da sociedade do estado de benestar foi o control e seguridade materno infantil para evitar riscos asociados á xestación, e mesmo falecementos. «Neste senso, España presenta unha das taxas máis baixas de mortalidade materno-perinatal do mundo. Estes resultados representan un aval para a sanidade publica e os seus profesionais», conclúe.