Trátase dun mobiliario cunhas especiais características ergonómicas, que levan respaldo con repousabrazos e repousapés abatibles ata posición horizontal, que favorecen a comodidade e o descanso do paciente. Ademais, dispoñen dun sistema de rodada, con rodas que permiten a súa mobilidade, o que tamén facilita as tarefas do persoal.
Dous destas cadeiras con brazos son deferentes, están deseñadas para os pacientes con obesidade mórbida, cunha anchura superior para soportar 220 quilogramos de peso.
Con esta medida, a EOXI de Vigo continua desenvolvendo o primeiro obxectivo da Estratexia XXI, “O paciente é o primeiro”. Baixo este lema englóbanse unha serie de metas, sendo a primeira, acadar unha Sanidade máis humana. Isto se concreta en diferentes actuacións para humanizar a asistencia, tanto nas infraestruturas -para darlle maior calidez e confortabilidade- como na adopción de medidas organizativas para mellorar o benestar de pacientes e familiares, para que a súa estadía no centro sexa o máis cómoda posible.
En definitiva, tal e como establece o Plan Estratéxico, tratase de humanizar o coidado ao paciente en todo o proceso asistencial, especialmente en situacións críticas e de fraxilidade, contemplando tamén “coidar ao que coida”.