Nesta liña, destacou e agradeceu o traballo de todo o persoal sanitario que durante estes dous anos fixo do Cunqueiro un centro de referencia. E afirmou que grazas á colaboración dos traballadores se presentou un plan estratéxico “pensado nas persoas e nos pacientes”, que dará resposta ás necesidades presentes dos profesionais, para satisfacer as necesidades futuras dos pacientes.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Goberno galego lembrou que a construción deste hospital público supuxo unha transformación sen precedentes na atención sanitaria do sur de Galicia, unha área que conta con 600.000 pacientes. “Estamos a falar dun hospital que fixo mudar a sanidade en Vigo e no sur de Galicia”, dixo, incidindo en que o seu tamaño é tres veces superior ao do antigo Xeral Cíes, co 70% das habitacións individuais e dotado con todos os medios técnicos.
Feijóo rematou lembrando que o Hospital Álvaro Cunqueiro foi elixido en 2016 por 1500 profesionais como o mellor hospital público de Galicia.