Este servizo será referencia naqueles procesos específicos, que pola súa complexidade necesitan gran experiencia clínica ou que teñen escasa incidencia en centros máis pequenos que rexistran poucos nacementos.
O Centro Avanzando de Medicina Materno Fetal supón un cambio de cultura organizativa, na que a asistencia vertébrase en unidades funcionais centradas fundamentalmente en catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais patoloxías materno infantís e na formación dos especialistas.
“No momento actual xa dispoñemos de equipos con especial dedicación a determinadas patoloxías e procedementos; e estamos en condicións de asumir oficialmente á poboación de fóra da nosa área sanitaria”, apuntou o doutor López.
O Álvaro Cunqueiro é un dos lideres europeos no diagnóstico fetal a través da realización de ecografías de alta resolución en 2D, 3D e 4D. O xefe do Servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, o doutor Carlos López Ramón y Cajal, explicou que «o equipamento actual permítennos explorar os órganos fetais en estados moi precoces, con gran definición e máximo nivel de detalle».
«Temos capacidade para detectar as malformacións conxénitas intrauterinas relacionadas co sistema nervioso, o tórax e o corazón, con imaxes dos órganos vitais en tempo real e en movemento; pudendo realizar estudos cardíacos nos fetos de incluso quince semanas, o que ata o momento era dificultoso dado o pequeno tamaño do corazón”, detallou.
Ademais, a Unidade de Ultrasóns de Alto Rendemento ofrecerá a posibilidade de colaborar con outros profesionais da Comunidade galega, e realizar no Complexo vigués as exploracións fetais ante as dúbidas diagnósticas doutros especialistas que precisen dunha segunda opinión médica.
Cirurxía fetal
A intervención fetal tense convertido nunha opción importante para aqueles fetos que, doutro modo non sobrevivirían á xestación, ou sufrirían unha morbilidade e mortalidade significativa despois do nacemento. Trátase dunha cirurxía intrauterina, prenatal, e polo tanto complexa e realizada con técnicas minimamente invasivas.
O incremento da idade materna, das enfermidades asociadas á xestación, e a reprodución asistida son factores que contribúen ao aumento de patoloxías como a prematuridade, o crecemento intrauterino retardado e as preeclampsias, que necesitan dunha axeitada atención materno perinatal.