Caballero recordou que o goberno vigués adquiriu unha parcela anexa á alameda Suárez Llanos e cedeuna de balde á Xunta de Galicia en 2008 para a construción dun centro de saúde para Bouzas. O rexedor asegurou que o envío do Goberno galego “non é un esquecemento casual”. “Dez anos de atraso e o que envían non vale para nada”, concluíu Caballero.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) enviara o proxecto básico de construción para tramitar a licencia municipal de obras o pasado venres.