Estas sesións, que comezarán en abril, teñen como finalidade ofrecer ao coidador as ferramentas necesarias para atender correctamente ao seu familiar enfermo e xestionar ben as súas emocións, é dicir, aprender a facer fronte á enfermidade no día a día.
Están dirixidas por unha psicóloga e validadas cientificamente. Os grupos estarán formados por 10 coidadores non profesionais e a intervención terapéutica divídese en 14 sesións de 90 minutos, unha por semana, máis 6 sesións de seguimento e valoración da evolución.
Nestas sesións exponse temas relacionados coa enfermidade, como manexar determinadas situacións que se producen no día a día, a que recursos sociais teñen dereito e abórdanse aspectos fundamentais como o autocoidado, o xeito de xestionar as emocións, a aceptación da enfermidade ou as técnicas de relaxación. As sesións son gratuítas e a data límite de inscrición é o 27 de marzo de 2019.