Todos eles están sendo tratados coa sofisticada técnica de arcoterapia volumétrica de intensidad modulada (VMAT), coa que ven dotado este equipo, unha tecnoloxía coa que o feixe de radiación se adapta á arquitectura do tumor xirando arredor do paciente de xeito ininterrompido. Esta técnica é altamente precisa e permite administrar altas doses de radiación protexendo ao máximo os tecidos el órganos sans que circundo o tumor, reducindo ademais o tempo total de tratamento.
A extraordinaria rapidez e precisión deste equipo na administración das doses de radiación, xunto cos seus mecanismos de seguridade, así como os avanzados sistemas de imaxe e compoñentes robotizados que incorpora, convérteno en todo un referente das tecnoloxías contra o cancro. Ao tratarse dun equipo sumamente innovador, ademais de poder realizar todas as técnicas coñecidas ata agora para un acelerador lineal, vén preparado para incorporar procedementos de futuro que hoxe aínda están en fase de desenvolvemento.
Este novo acelerador, que chegou ao Hospital do Meixoeiro procedente de Palo Alto, California, o pasado 14 de novembro deste centro, forma parte do compromiso asumido pola Fundación Amancio Ortega, que financia a renovación da tecnoloxía de diagnóstico e tratamento oncolóxico do Servizo Galego de Saúde.
Sesións de só seis minutos
A combinación das súas principais calidades, rapidez e precisión, permite nalgúns casos acurtar notablemente a duración das sesións de tratamento, e ao mesmo tempo aumentar as doses dirixidas ao tumor, e polo tanto, a súa efectividade, preservando ao máximo os órganos e zonas sas que os circundan.
En determinadas patoloxías os tratamentos benefícianse dunha redución notable na súa duración, pasando de sesións de máis de vinte minutos a tan só seis minutos, tres minutos por arco. A redución do tempo tamén é un factor de seguridade, ao descender na mesma proporción as posibilidades de que o paciente se mova durante o tratamento.
O novo acelerador está dotado dunha tecnoloxía denominada rapidARC pola cal o acelerador pode emitir radiación mentres o seu cabezal xira ao redor do paciente, adaptando en cada momento o feixe e a dose á posición do tumor; una característica que contribúe, aínda máis se cabe á efectividade, precisión, seguridade e rapidez dos tratamentos.
O acelerador leva incorporado un sistema de micromultiláminas, con láminas moi finas, de entre 2,5 mm e 5 mm, que lle facilitan o tratamento de tumores de todo tipo de formas e tamaños, ao adecuar con suma precisión o feixe de radiación ao perímetro e morfoloxía do tumor.
Tratamentos máis individualizados e seguros
O sistema de imaxe con que conta o novo acelerador lineal permite ver en todo momento onde se atopa o tumor mentres o paciente recibe o tratamento e consecuentemente adaptar o envío de radiación a calquera movemento corporal. É o que se coñece como radioterapia guiada por imaxe ou IGRT.
Este avanzado equipo incorpora ademais unha mesa robotizada que facilita a colocación do paciente en calquera posición de maneira automática, e conta cun sistema de infravermellos que alerta de calquera movemento imprevisto do paciente chegando mesmo a interromper o tratamento de maneira automática.
Neste equipo a perfección dos tratamentos garántese mediante un sistema de imaxe que facilita a revisión a radiación que se está a aplicar e compara as doses calculadas coas que está a recibir realmente. En definitiva permite valorar os tratamentos e adaptalos mentres estes estanse realizando.
Todas estas características redundan nunha maior capacidade para afrontar a demanda, ao poder resolvela dun xeito máis rápido, e vaise a poder avanzar na aplicación dunha radioterapia cada vez máis individualizada e polo tanto máis eficaz.
Referencia nacional para tratar tumores cerebrais en nenos
A Unidade de Oncoloxía Radioterápica do CHUVI recibe máis de dous mil pacientes novos cada ano, e leva a cabo unha media de 200 tratamentos cada día, que supoñen ao redor de 40.000 sesións anuais de radioterapia. Dende a súa entrada en funcionamento hai 19 anos dispón dun amplo equipo de profesionais capacitado para desenvolver as últimas técnicas da especialidade, como a aplicación de radioterapia de intensidade modulada (IMRT) en gran parte dos tratamentos.
A Unidade dispón dun sistema de radiocirurxía estereotáxica co que se realizan ao redor dun centenar de tratamentos cada ano e dun radioquirófano para técnicas de braquiterapia de alta e baixa taxa, no que se tratan máis de 200 pacientes cada ano. Compre lembrar tamén que esta unidade e referencia a nivel nacional no tratamento de tumores cerebrais en nenos, ao dispor de dispositivos especiais de inmovilización deseñados na propia unidade.