A A.VV. Novo Vigo, a Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública convocaron unitariamente unha manifestación o próximo 11 xaneiro (19:00 horas) para reclamar máis recursos no Centro de Saúde que Navia.
«Este Centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a Pediatría», apuntan dende a xunta de persoal.
Os traballadores tamén reclaman que se cree un Centro de Atención Primaria no Anexo II do Hospital Xeral que permita, ademáis do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos Servizos de Atención Primaria da Dobrada e rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do Hospital Xeral.
«Dedicar os Centros de Especialidades, tralo seu peche, á Atención Primaria para mellorar o espazo dispoñible no CS da Dobrada e para desconxestionar López Mora (que está en malas condicións) e Coia», engade a xunta de persoal.
A Federación de Sanidade de CCOO de Vigo apoiou este martes e lembrou que o Centro de Saúde de Navia «inaugurouse con demora e en precario, incluso «funcionou» polas mañáns onde estaba ubicado o P.A.C. de Coia, pero en cinco anos, o incremento de plantilla foi escaso e moi insuficiente».