O sindicato CCOO denunciou este luns que o servizo de Urxencias do Cunqueiro continúa desbordado e asegura que «para a Consellería de Sanidade e o xerente, todo é puntual e excepcional».
Ángel Cameselle, secretario xeral da Federacón de Sanidade-Galicia de CCOO, sinalou este luns que «a realidade é ben diferente. Os recortes, plasmados hai ano e medio inaugurando un hospital recortado en camas, mantendo outros dous tamén recortados e pechando o Cíes e Rebullón traen istas consecuencias e ademais o desmantelamento do Meixoeiro sin UCI e con peches neste hospital de moitas camas na maioría do tempo».
Segundo explican, Vigo contaba con 590 camas (Hospital Xeral); 422 (Hospital Meixoeiro) 117 (Nicolás Peña) 78 (Rebullón) e 43 (Policlínico Cíes). «Agora, despois deste hospital, temos 1.260 camas, tan soio 10 mais das que había e lonxe das mais de 2.000 previstas polo goberno bipartito e por eles mesmos ata maio do 2015», engaden.
CCOO insta á Xerencia e a Consellería a recoller as iniciativas de traballadores do servizo e dos seus representantes. «Vigo necesita a utilización de tódas las camas do Meixoeiro e contar cunha unidade de críticos, abrir una segunda cama nas habitacións do Álvaro Cunqueiro donde sexa posible e necesario reforzando os servizos tanto de urxencias como de hospitalización con persoal», conclúe.