19012020Dom
Última edición: Sáb, 18 Ene 2020 9pm

saúde

Unha médica viguesa logra unha bolsa nacional para investigar o aneurisma

O traballo concéntrase nunha poboación diana de homes de entre 65 e 74 anos da área sanitaria de Vigo

07 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
A doutora Clara Guede. / Foto: Sergas A doutora Clara Guede. / Foto: Sergas

Demostrar a importancia de realizar ecografía nos centros de saúde para o diagnóstico precoz do aneurisma de aorta abdominal. É o traballo que realiza a doutora Clara Guede, do Centro de Saúde de Taboada Leal, e que se plasmará na súa tese doutoral para a que obtivo unha bolsa da Sociedade Española de Medicina Familiar e Comunitaria.

Baixo o título de “Factores metabólicos asociados ao aneurisma de aorta abdominal. Cribado de aneurisma de aorta abdominal en Atención Primaria mediante ecografía abdominal”, a doutora Guede fixouse como obxectivo da súa investigación avaliar o diagnóstico por ecografía en Atención Primaria para este tipo de patoloxías.

A tese doutoral realízase en colaboración coa Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo. Está dirixida pola doutora Ana Clavería e o titor do traballo é Federico Mallo.

Recollida de datos
A autora da tese explica que “comecei o traballo en 2013, no meu último ano de residencia, cun proxecto sobre este tema”. A iniciativa de investigación presentouse nese mesmo ano na reunión anual da Rede Europea de Investigación en Atención Primaria que se celebrou en Malta. En 2014 a iniciativa foi premiada pola Rede Española de Atención primaria ( REAP).

Desde entón comezou a fase de recollida de datos na que participaron, de forma altruísta, 14 facultativos de 9 centros de saúde da área sanitaria de Vigo. O estudo poboacional de cohortes centrouse en homes da área de entre 65 e 74 anos de idade. Un grupo de poboación que está considerado como o de maior risco de padecer aneurisma de aorta abdominal.

"A análise dos datos basais co 65% recrutado mostrou unha prevaleza do aneurisma de aorta abdominal de 4.34 (2.7-6.7), e da análise dos factores de risco destacan a hipertensión arterial e o tabaquismo. Estes datos foron presentados en Leizpig en 2016”, explica a doutora Guede.

A colaboración do servizo de Cirurxía Vascular desde o inicio foi imprescindible para determinar a correcta derivación e seguimento dos pacientes. De feito, existe un Protocolo de derivación -nestes momentos integrado no Proxecto Canles- como vía preferente de derivación desta patoloxía, desde Atención primaria ao servizo hospitalario de Cirurxía Vascular.

Reducir a mortalidade
A finalidade última é abrir a posibilidade de reducir a mortalidade, “e para iso é bo poder facer un diagnóstico precoz; a ecografía no centro de saúde é unha excelente ferramenta”, conclúe a doutora Clara Guede. 

A doutora Guede subliña que “a ecografía é cada vez máis habitual nos centros de saúde” e considera que os seus compañeiros de Atención Primaria fórmanse cada vez máis no emprego deste procedemento diagnóstico.

vigo

sucesos

  • Una tromba de agua inunda el centro de Vigo
    Una tromba de agua inunda el centro de Vigo La alerta amarilla anunciada para este jueves por lluvias persistentes y naranja por fuertes vientos está respondiendo a las expectativas en Vigo. Las precipitaciones están siendo constantes a lo largo del día y, unidas a las intensas ráfagas que están…
    Leer más...

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído