11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

Un especialista do Chuvi gaña a ‘Champions’ de pneumoloxía

O doutor Ramón Tubío gañou a competición xunto a outros dous compañeiros, cos que representou a España na ERS Championship in Respiratory Medicine

02 Diciembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Ramón Tubío, co trofeo. / Foto: Chuvi Ramón Tubío, co trofeo. / Foto: Chuvi

O pneumólogo do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) Ramón Tubío resultou gañador da recente competición organizada pola Sociedade Europea de Pneumoloxía e coñecida como ERS Championship in Respiratory Medicine, que se celebrou en Madrid coincidindo co Congreso Europeo de Pneumoloxía.

Ramón Tubío formou parte do equipo representativo de España xunto a outros dous pneumólogos, Pilar Ortega, que traballa en Manchester, e Daniel López, do Hospital Gregorio Marañón de Madrid. No transcurso do campionato o equipo español bateu aos representantes de Reino Unido, Rusia e Italia.

Para o profesional do Chuvi “esta vitoria é un exemplo máis do nivel que ten o servizo de Vigo no conxunto de España e tamén no ámbito europeo; de feito o gañar este concurso nun congreso europeo, que é case máis importante que o mundial, supón un recoñecemento ao ben que se fan as cousas no noso servizo, que está ao primeiro nivel”.

O doutor destacou ademais que “fomos seleccionados pola Sociedade Española de Pneumoloxía para a competición e saíunos moi ben, conseguimos 110 puntos, máis que os outros tres rivais”.

Unha competición con experiencia
A ERS Championship in Respiratory Medicine celébrase desde fai uns 14 anos e está orientada a pneumólogos que teñen menos de 40 anos de idade. Esta edición é a segunda na que participa España. A Sociedade Europea de Pneumoloxía ( ERS) designa cada ano a catro equipos doutros tantos países en orde rotatorio, que son os que compiten.

A proba consiste en contestar a 20 preguntas relacionadas coa pneumoloxía e cualificadas con entre 5 e 50 puntos en función da dificultade que entraña cada unha das cuestións.

Sexta acreditación europea
No mesmo congreso realizáronse as probas para a obtención da acreditación europea en sistemas respiratorios, conocido como o exame Hermes (Harmonised Education in Respiratory Medicine for European Specialists).

O doutor Tubío presentouse ás devanditas probas e superounas con éxito. Isto supón que o servizo de Pneumoloxía do Chuvi dispón xa de seis facultativos coa mencionada acreditación europea.

Outro indicativo máis do elevado nivel asistencial que ofrece en pneumoloxía na Área Sanitaria de Vigo, que é comparable ao das mellores áreas españolas.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído