11122019Mié
Última edición: Mar, 10 Dic 2019 9pm

saúde

Novo equipamento para os centros de saúde da área de Vigo

Xa están instalados os tres novos ecógrafos nos centros de saúde de Taboada Leal, Teis e Sárdoma

25 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Novo ecógrafo en Taboada Leal. / Foto: Sergas Novo ecógrafo en Taboada Leal. / Foto: Sergas

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou este luns que está a realizar un "importante investimento" na dotación de novos equipos para os centros de saúde da área viguesa, "cumprindo así cunha das medidas a corto prazo" contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio.

O Sergas explica que xa tense investido 400.209 euros na compra de equipamento electromédico para dotar aos centros vigueses de 3 ecógrafos, 50 desfibriladores e 57 electrocardiógrafos. Esta actuación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria, mediante a renovación do material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario.

A pasada semana xa instaláronse os tres novos equipos de ecografía -cun importe de 38.115 euros-, nos centros de saúde de Taboada Leal, Teis e Sárdoma. A renovación dos ecógrafos posibilitará a mellora na realización de programas específicos de saúde como: ecografía abdominal, urolóxica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos, que permiten ao profesional de Atención primaria descartar patoloxías no paciente, evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.

Nos próximos días tamén se distribuirán os 50 desfibriladores -adxudicados por 201.394 euros-, e os 57 electrocardiógrafos, cun custe de 160.700 euros. Os novos electrocardiógrafos vanse integrar de xeito directo cos sistemas corporativos dos Sergas, o que permitirá a realización de diagnósticos máis precisos e posibilitará o acceso ao electrocardiograma nativo ao especialista en cardioloxía.

900.000 euros
Esta nova dotación forma parte dun investimento global de 900.000 euros destinados, ademais de á compra de equipamento electromédico –os 57 electrocardiógrafos, os 50 desfibriladores e os 3 ecógrafos- á adquisición de aparataxe de mobiliario clínico e xeral para as consultas dos centros de saúde vigueses.

Así, vaise adquirir tamén novo material de diagnóstico cuxa licitación ascende a 344.850 euros: 60 unidades de holter de presión arterial -consistente no sistema para o rexistro, almacenamento e análise da presión arterial de xeito ambulatorio-; 50 espirómetros -dispositivos que miden a capacidade pulmonar-; e 6 retinógrafos- equipo para capturar imaxes da retina sen dilatación pupilar, para a determinación de retinopatías do paciente diabético-.

Tamén cabe lembrar a adquisición de 420 sillóns de traballo xiratorios con brazo; 2 sillóns de odontoloxía (un deles con equipo de Raios X); 12 dermatoscopios con cámara fotográfica; 109 pulxiómetros; 176 esfigmomanómetros electrónicos de adultos e obesos; 28 básculas con tallímetros; 4 electrobisturís; 47 otoscopios portátiles; 46 unidades de parede oftalmoscopia-otoscopio; 71 padiolas; 17autoclaves sobremesa con mesa, 2 carros de parada, etcétera.

Os novos equipos permitirán aumentar as prestacións de probas diagnósticas dos centros de saúde da área sanitaria de Vigo, e evitarán desprazamentos de pacientes ao hospital.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído