07122019Sáb
Última edición: Vie, 06 Dic 2019 10pm

A área sanitaria de Vigo rexistrou o ingreso de 87 pacientes por incumprir a medicación

Profesionais do servizo participaron na “X edición do Día da Adherencia” xunto a outros 130 hospitais de toda España

16 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O Hospital Álvaro Cunqueiro albergou unha mesa informativa na que se informou ao público en xeral. / Foto: Sergas O Hospital Álvaro Cunqueiro albergou unha mesa informativa na que se informou ao público en xeral. / Foto: Sergas

O Servizo de Farmacia Hospitalaria da Área Sanitaria de Vigo insistiu na importancia que ten para o paciente cumprir coas pautas de medicación. Profesionais deste servizo participaron na “X edición do Día da Adherencia”, que se celebrou en 130 hospitais de toda España.

O lema deste ano foi “A túa medicación, a túa saúde, a túa vida” e con el pretendeuse concienciar aos pacientes, aos propios farmacéuticos e ao persoal clínico da necesidade da adherencia aos tratamentos, como un elemento fundamental para conseguir unha maior eficacia dos mesmos. Os actos estiveron organizados pola Sociedade Española de Farmacia Hospitalaria, a través do Grupo de Traballo de Adherencia.

O Hospital Álvaro Cunqueiro albergou unha mesa informativa na que se informou ao público en xeral da importancia do mantemento dos tratamentos e non esquecer as tomas de medicamentos que teñan pautadas polo seu médico.

“Sempre dicimos que a adherencia non é o obxectivo, senón conseguir resultados en saúde para os pacientes. Para iso a adherencia ao tratamento é fundamental, porque poucas intervencións favorecen tan claramente a consecución deses resultados de saúde como o traballo destinado a incrementar o cumprimento da pauta de cada paciente”, explicou a xefa do servizo de Farmacia Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo ( CHUVI), Guadalupe Piñeiro.

Na mesa informativa realizouse, ademais, unha enquisa entre os usuarios sobre o seu grao adherencia aos tratamentos prescritos polos seus médicos. “Para deseñar estratexias de intervención de forma individualizada é imprescindible coñecer as opinións dos usuarios, así como traballar de forma multidisciplinar co resto dos profesionais sanitarios que interveñen na atención ao paciente”, subliña a xefa do servizo.

Ingresos hospitalarios
O último estudo realizado na área sanitaria de Vigo sobre a falta de adherencia aos tratamentos reflicte que nun ano rexistráronse 87 pacientes ingresados por ese motivo, que xeraron 104 episodios.
O 71,2% foron homes cunha idade media de 51,5 anos. Todos os pacientes tiñan unha patoloxía crónica e moitos deles unha adherencia menor do 75%.

A estadía total no hospital por este motivo foi de 1.527 días, o que supón unha media de 14,7 días no hospital por cada un dos episodios. O custo total ascendeu a 594.230 euros. Unha cifra que supón un importante consumo de recursos.

No estudo concluíuse que o perfil deste tipo de pacientes é o dun home psiquiátrico (máis da metade do total) ou cardiolóxico crónico.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído