12112019Mar
Última edición: Lun, 11 Nov 2019 7pm

O Sergas compra 170 camas novas para o Meixoeiro e 25 para o Cunqueiro

Anuncia un investimento de máis de 400.000 euros euros na adquisición de novo mobiliario para renovar as camas e mesas de noite dos cuartos dos pacientes ingresados

05 Noviembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Camas nas urxencias do Cunqueiro. / Foto: Arquivo Camas nas urxencias do Cunqueiro. / Foto: Arquivo

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou este martes que ven de formalizar a adquisición de mobiliario dirixido á hospitalización do hospital do Meixoeiro e do Álvaro Cunqueiro.

No caso do Hospital Meixoeiro, en total vanse renovar 170 camas e 170 mesas de noite dos cartos dos pacientes ingresados, por un importe de 410.371,50 euros -cofinanciado nun 80% cos fondos Feder-. "Trátase de camas modernas, eléctricas, que permiten maiores prestacións que as actuais e, en consecuencia, son máis cómodas para os pacientes e manexables para o persoal. O novo mobiliario entregarase xa nas próximas semanas, ao longo deste mes de novembro", apunta o Sergas.

Ademais, adxudicouse tamén mobiliario para o Álvaro Cunqueiro, 25 camas, 25 mesas de noite e 25 sillóns de pacientes por un importe de 74.868,75 euros. "Este novo equipamento virá a reforzar os recursos materiais dispoñibles neste centro para facer fronte ao picos asistenciais cunha maior eficacia que permita incrementar a calidade asistencial ofertada aos pacientes", explica.

O Servizo Galego de Saúda asegura que "estas novas dotacións enmárcanse no Plan Estratéxico da área sanitaria de Vigo, que ten como prioridade a Humanización, recollida na primeira liña do Plan que reza :“O paciente é o primeiro”. Baixo este lema englóbanse unha serie de metas, sendo a primeira, acadar unha Sanidade máis humana. Isto se concreta en diferentes actuacións para humanizar a asistencia, tanto nas infraestruturas -para darlle maior calidez e confort- como na adopción de medidas organizativas para mellorar o benestar de pacientes e familiares, para que a súa estadía no centro sexa o máis cómoda posible".

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído