13112019Mié
Última edición: Mar, 12 Nov 2019 9pm

sanidade

Delegados de Povisa encérranse no Sergas e logran unha reunion co conselleiro

A CIG reclama información sobre o proceso de compra e a adquisición do hospital para garantir a atención sanitaria dende o público

22 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Os membros do comité de Povisa e de CIG-Saúde que iniciaron un peche na Consellaría de Sanidade. / Foto: CIG Os membros do comité de Povisa e de CIG-Saúde que iniciaron un peche na Consellaría de Sanidade. / Foto: CIG

Delegados da CIG no comité de Povisa e membros da CIG-Saúde realizaron un peche este martes na Consellaría de Sanidade, en San Lázaro, para forzar unha reunión co conselleiro ante o proceso de compra do centro hospitalario e para reclamar a xestión pública dun recurso asistencial vital para a área sanitaria de Vigo.

"A medida de presión levantouse por volta da unha da tarde, logo de manterse unha tensa xuntanza co Xerente do Sergas, quen se comprometeu a fixar esta semana unha data de reunión co conselleiro nun prazo máximo de 15 días", sinala a central sindical nun comunicado de prensa.

A secretaria nacional da CIG-Saúde, María Xosé Abuín, criticou a "pasividade" que está a amosar o Goberno galego ante o proceso de venda de Povisa, malia a repercusión que a actividade deste hospital ten en toda a área sanitaria de Vigo. Por iso, denunciou que non se concretara xa hoxe a data do encontro e advertiu que “agardamos que o conselleiro cumpra co compromiso que nos acaba de transmitir o Xerente, porque do contrario teremos que incrementar as medidas de presión”.

María Xesús Neira, voceira do comité de empresa, lamentou que malia ter solicitada a reunión dende o pasado 8 de outubro “e de vir concentrarnos aquí hai dez días, finalmente tiveramos que facer hoxe esta acción para lograr unha resposta”. Neira salientou que Vázquez Almuíña é o máximo responsábel de Sanidade “e non pode inhibirse ante un tema tan grave. Queremos transmitirlle todos os problemas que temos, todo o que supón a venda e como lle vai afectar aos usuarios e traballadores”.

Inicia sesión para enviar comentarios

mar

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído