Imprimir esta página

Vigo correrá pola inclusión da vacina da meninxite no calendario oficial en Galicia

O Ifevi acollerá o 27 de outubro a Carreira Correpasillos, na que poderán participar nenos e nenas de entre 2 e 5 anos

09 Octubre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
Cartel do evento. Cartel do evento.

A Asociación Española contra a Meninxite celebrará o domingo 27 de outubro en Vigo a Carreira Correpasillos, un evento benéfico destinado a nenos e nenas de entre 2 e 5 anos que aspira a superar as 300 inscricións do pasado ano. Os fondos recadados irán destinados integramente á difusión e apoio de afectados pola enfermidade.

A terceira edición desta proba terá lugar desde ás 11.00 horas no pavillón 3 do Ifevi. Os interesados en informarse ou anotarse poden facelo en contralameningitis.org e tamén en ataquilla.com. O obxectivo é a inclusión, por parte do Ministerio de Sanidade, da vacina contra o meningococo B no calendario oficial de todas as comunidades autónomas.

Andalucía, Canarias e Castela e León xa a teñen incluída ou aprobada e anunciada, e a asociación pídelle ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que a inclúa tamén en Galicia, por ser unha vacina segura, recomendada polos pediatras e que dúas de cada tres familias galegas compran para os seus fillos.

Inicia sesión para enviar comentarios