14112019Jue
Última edición: Jue, 14 Nov 2019 8pm

sanidade

A Xunta pide a Povisa que garanta os postos de traballo na súa venda

O Sergas asegura que mantivo unha reunión coa empresa na que lle trasladou a necesidade de que se aseguren tanto a calidade asistencial como os empregos, de acordo co concerto en vigor

30 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Hospital Povisa. Hospital Povisa.

A Consellería de Sanidade emitiu este luns un comunicado no que informa de que convocou aos representantes de Povisa a unha reunión en Santiago para solicitarlles información sobre a posible venda do centro médico vigués co que o Sergas mantén un concerto en vigor para a prestación de asistencia sanitaria na área de Vigo.

A Xunta informou de que no transcurso da reunión, á que asistiu o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado polo equipo directivo do Sergas, os representantes de Povisa e de Ribera Salud "confirmáronlle que as negociacións entre ambos atópanse xa moi avanzadas".

Pola súa banda, o Sergas engade que lles trasladou o seu posicionamento ao respecto, para que, "en caso de que as negociacións frutifiquen cun cambio de titularidade na propiedade do centro hospitalario, se garantan tanto a calidade asistencial na área sanitaria como o mantemento dos postos de traballo, tal e como se recolle nos acordos do Sergas cos actuais propietarios".

Neste sentido, a Xunta apunta que ambas as dúas partes empresariais "amosaron a súa disposición a manter unha canle de información permanente co Sergas sobre o desenvolvemento das negociacións que están iniciadas". O último concerto do Sergas con Povisa para a prestación de servizos asistenciais médico hospitalarios asinouse o 1 de setembro e ten unha duración prevista de oito anos ata o 31 de agosto de 2022.

Marea de Vigo: "Era un feito anunciado"
Pola súa banda, Marea de Vigo-Son En Común sinalou este luns que o anuncio compra de Povisa polo grupo Ribera salud era un "feito anunciado, xa que todos os movementos do grupo Nosa Terra 21 eran sospeitosamente tendentes a desfacerse do complexo hospitalario; dende o anuncio do preconcurso voluntario de acredores co argumento de que se arrastraban perdas dende 2014 polo insuficiente dos ingresos polo concerto co Sergas ate a tentativa de aforrar permanentemente custes de personal para mellorar resultados contables ante un posible comprador".

Marea de Vigo-Son En Común trasladou este luns á deputada Eva Solla, voceira de sanidade do Grupo Parlamentario Común da Esquerda, a "necesidade de solicitar no Parlamento Galego unha auditoría a fondo do concerto" do Sergas con Povisa e explicou que "o concerto que é absolutamente singular no estado español e que dende hai moitos anos é un instrumento totalmente vantaxoso para o centro hospitalario privado ao condicionar, entre outras cousas, o non desenvolver un centro hospitalario no Morrazo ou a apertura das plantas ociosas no Meixoeiro".

Inicia sesión para enviar comentarios

gastronomía

navidad

sucesos

  • Últimas noticias

  • Más leído