21112019Jue
Última edición: Mié, 20 Nov 2019 9pm

saúde

Premio Nacional para a farmacia do Chuvi polo control de medicamentos de alto risco

Obtivo o premio especial do xurado nunha convocatoria sobre Xestión de Risco Sanitario á que concorreron 59 traballos de toda España

25 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
A farmacéutica do CHUVI, Marisol Samartín, recolle o premio en representación do servizo de Farmacia Hospitalaria. / Foto: Sergas A farmacéutica do CHUVI, Marisol Samartín, recolle o premio en representación do servizo de Farmacia Hospitalaria. / Foto: Sergas

O Servizo de Farmacia Hospitalaria do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) recibiu o premio especial do xurado no transcurso da entrega de galardóns do IV Premio Sham de Xestión do Risco Sanitario, que se celebrou en Madrid. O evento coincidiu co Día Internacional da Seguridade do Paciente.

“Mellora na seguridade dos medicamentos: impactos dunha estratexia global de prevención e xestión de riscos” é o nome do traballo que presentou o Servizo de Farmacia Hospitalaria do Chuvi e que foi premiado en Madrid.

Á convocatoria concurriron 59 traballos de hospitais de toda España. Normalmente nestes premios outórgase un único galardón, pero dada a calidade do traballo presentado polo servizo do CHUVI, o xurado decidiu conceder un premio especial ao estudo de Vigo pola tarefa de implantación de mecanismos e protocolos de manexo dos medicamentos perigosos por parte dos profesionais sanitarios.

A xefa do servizo, Guadalupe Piñeiro, explicou que “recibir o Premio Especial do Xurado do Premio Sham pon en valor e consolida de traballo de mellora e innovación do Servizo de Farmacia e, sobre todo, reforza unha das liñas de traballo esenciais no noso día a día: a xestión do risco”.

O traballo presentado por Farmacia Hospitalaria recolle a estratexia adoptada polo servizo desde que se produciu a apertura do Hospital Álvaro Cunqueiro, en 2015, coa implantación de medidas de xestión da seguridade no uso dos medicamentos de maior risco.

Unha mellora substancial
“O obxectivo do proxecto foi mellorar a utilización dos medicamentos de alto risco, a xestión de estocaxes de medicación nas unidades de hospitalización e os criterios de organización e identificación, así como contar cun protocolo de manexo dos medicamentos perigosos por parte dos profesionais sanitarios” subliñou a xefa do servizo.

Para abordar estas cuestións púxose en marcha unha estratexia global de mellora da seguridade na utilización dos medicamentos no ámbito hospitalario.

Por unha banda, traballouse na mellora do coñecemento e a formación dos profesionais en torno ao manexo deste tipo de medicamentos. Por outro, estableceuse un procedemento e formouse aos profesionais en relación ao manexo de medicamentos perigosos. “E, por último, deseñamos, implantamos e avaliamos un modelo corporativo de almacenaxe de medicación das unidades de hospitalización baseado en ferramentas LEAN”, apuntou Guadalupe Piñeiro.

O Xurado do Premio Sham constatou a clara a mellora que esta estratexia está a ter sobre a seguridade do paciente. De feito, a xefa do Servizo de Farmacia recoñeceu que “a mellora da xestión do risco na interacción dos profesionais coa medicación almacenada, grazas a unha maior seguridade e facilidade no acceso, actúa de forma indirecta na seguridade do paciente, xa que establece barreiras que minimizan os posibles erros dos profesionais”.

O galardón foi recollido, no acto celebrado en Madrid, pola farmacéutica do CHUVI, Marisol Samartín, en representación do servizo de Farmacia Hospitalaria. A deste ano foi a cuarta edición dos premios creados para incentivar traballos sobre seguridade do paciente, prevención e xestión dos riscos sanitarios.

Inicia sesión para enviar comentarios

navidad

virales

comercio

  • Últimas noticias

  • Más leído