17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Trece empresas aspiran a construír o novo centro de saúde de Bouzas por 1,4 millóns

Doce firmas galegas e unha con sede en Madrid presentaron as súas ofertas para a construción do edificio

07 Septiembre 2019 por
Valora este artículo
(2 votos)
Imaxe do futuro centro de saúde de Bouzas. / Foto: Xunta Imaxe do futuro centro de saúde de Bouzas. / Foto: Xunta

Trece empresas, doce delas galegas e unha con sede en Madrid, presentaron as súas ofertas para a construción do novo centro de saúde de Bouzas, que a Xunta licitou o pasado 6 de agosto por por preto de 1,4 millóns de euros e un prazo máximo de execución previsto de 14 meses dende a firma do acta de comprobación de replanteo.

A Xunta informou este sábado do número de empresas que xa presentaron unha proposta para optar á construción do novo centro de saúde de Bouzas. "O obxectivo do Goberno galego é que a finais do 2020 os veciños da vila que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia conten cun centro sanitario de Atención Primaria de primeira orde na súa contorna", sinala a administración autonómica nun comunicado.

O Centro de Saúde de Bouzas estará emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Llanos e Ferreiros. Para a súa execución procurarase a máxima integración na contorna de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) dese ámbito e mediante o mantemento e reprodución do volume e dos elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas e que na actualidade se atopan practicamente abandonadas.

Constará de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que sumarán unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería. Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.

Licenzas e permisos
"O proxecto aprobado é o que obtivo licenza hai meses por parte do Concello de Vigo. O Sergas fixo hai 10 anos outro proxecto que contaba con soto, baixo e baixo cuberta. O Concello non lle outorgou licenza nin Patrimonio Histórico autorizou a actuación", sinala a Xunta respecto da polémica susictada coa administración local durante os últimos meses antes de afirmar que "por iso, para dotar asistencialmente á vila realízase este novo proxecto cunhas características axeitadas á localización da parcela cedida en 2008 polo Concello de Vigo".

Sinala a Xunta que tamén mantén o parcelario primitivo do núcleo histórico de Bouzas, cun patio interior, que obtivo autorización de Patrimonio Histórico. Completa a asistencia sanitaria xa realizada co Centro de Saúde de San Paio de Navia. Aproveita e dá vida a un barrio histórico, xa que de levarse a cabo a actuación prevista hai 10 anos teríase que construír noutra parcela afastada do núcleo tradicional de Bouzas. Asi aprovéitase a parcela inicial de Bouzas e dáse vida ao casco vello da vila boucense.

"Unha vez rematado e novo centro de saúde os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade, é dicir ofrecéndoselles trasladarse ao novo centro ou quedar onde estean a ser atendidos agora mesmo", engade o Goberno galego.

Respecto dos atrasos apunta que "no pasado o goberno bipartito na Xunta decidiu non facer o centro de Bouzas e optou por construír o centro de Navia cunha capacidade para ata 30.000 pacientes, para unha zona que contaba no ano 2017 con pouco máis de 6.000 habitantes. A Xunta constrúe agora o centro de Bouzas no centro da vila con capacidade suficiente para atender a toda a poboación que actualmente vive alí. No ano 2017 o censo de habitantes en Bouzas era de 5.941. O centro de saúde, dotado con seis consultas de medicina e enfermaría, está deseñado para dar cobertura a 10.000 usuarios".

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído