17092019Mar
Última edición: Mar, 17 Sep 2019 8pm

Enfermeiras do Chuvi fórmanse en cirurxía laparoscópica

Nove profesionais participaron nun curso sobre as innovacións en intervencións minimamente invasivas realizado durante tres días nos quirófanos do hospital Álvaro Cunqueiro

28 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
As profesionais que recibiron a formación. / Foto: Chuvi As profesionais que recibiron a formación. / Foto: Chuvi

Enfermeiras do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) participaron nun curso de formación sobre cirurxía laparoscópica que se impartiu no hospital Álvaro Cunqueiro. O obxectivo era dobre: por unha banda, a actualización dos coñecementos nesta área; pola outra, coñecer as innovacións en cirurxía minimamente invasiva, técnicas que se utilizan xa en intervencións que se realizan no Chuvi.

O servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo foi o encargado de organizar e impartir o curso, ao que asistiron nove enfermeiras do complexo hospitalario vigués. A xefa do servizo, a doutora Raquel Sánchez, coordinou a docencia xunto ao cirurxián Vincenzo Vigorita e á supervisora de quirófano do Álvaro Cunqueiro, Verónica González.

Este servizo rexistra unha importante actividade cirúrxica. Así, o pasado ano efectuou 5.763 intervencións das que o 61 por cento foron de xeito ambulatorio, sen ingreso hospitalario.

A formación tivo unha duración de tres días e desenvolveuse nos quirófanos do hospital nos que exerceron de docentes cirurxiáns do servizo e enfermeiras que traballan habitualmente en intervencións deste tipo.

As sesións do curso enmárcanse no programa de formación que leva a cabo o Servizo de Cirurxía Xeral e Dixestivo do Chuvi. Un plan que ten por obxectivo a posta ao día nas novas técnicas e o coñecemento das novidades que xorden neste campo cirúrxico. Normalmente o programa diríxese a formar a residentes ou, como neste caso, ao persoal de enfermaría.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

marítima

semana europea de la movilidad

  • Últimas noticias

  • Más leído