06122019Vie
Última edición: Jue, 05 Dic 2019 8pm

saúde

José Manuel Galdo, novo xefe de sección de Traumatoloxía do Chuvi

Na actualidade coordina a Unidade de tumores do aparello locomotor e participa na coordinación da Unidade de xeonllo

22 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(1 Voto)
O doutor Galdo. / Fotos: Sergas O doutor Galdo. / Fotos: Sergas

José Manuel Galdo é o novo xefe de sección de Traumatoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi).

Así figura no Diario Oficial de Galicia (DOG), que publicou unha resolución do xerente da Área Sanitaria de Vigo na que figura o seu nomeamento. Na actualidade coordina a Unidade de tumores do aparello locomotor e participa na coordinación da Unidade de xeonllo.

Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, cursou a especialidade no Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol. Acumula máis de 35 anos de experiencia en Traumatoloxía nos que realizou desde intervencións menos complicadas ata as máis complexas, con excepción das da columna vertebral.

O seu labor será a de xestionar a as fracturas e outros traumatismos do CHUVI en coordinación coas distintas unidades funcionais do Servizo.

Un dos obxectivos principais co que encara esta nova etapa é reducir no posible a estancia preoperatoria dos pacientes que ingresan no hospital con fracturas que teñen indicación de tratamento cirúrxico.

“O tratamento das fracturas constitúe unha parte moi importante da actividade cirúrxica dos Servizos de Cirurxía Ortopédica e Traumatoloxía, en particular das relacionadas directamente coa fraxilidade ósea”, sinala José Manuel Galdo, que engade: “O envellecemento da poboación en xeral e na nosa área sanitaria en particular fai que este tipo de fracturas sexan moi prevalentes e con frecuencia revisten una gran complexidade no seu tratamento cirúrxico como ocurre no caso de fracturas periarticulares moi conminutas e no das fracturas periprotésicas e periimplantes”.

Inicia sesión para enviar comentarios

medio ambiente

navidad

vigo

ocio

  • Últimas noticias

  • Más leído