14102019Lun
Última edición: Lun, 14 Oct 2019 5pm

A Xunta licita o novo centro de saúde de Bouzas, que requirirá 14 meses de obras

Unha vez rematado, os pacientes poderán trasladarse a esta nova dotación sanitaria ou quedar no ambulatorio onde estean a ser atendidos agora mesmo

08 Agosto 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O centro de sáude foi presentado este xoves pola tarde no Liceo Marítimo de Bouzas. / Foto: Xunta O centro de sáude foi presentado este xoves pola tarde no Liceo Marítimo de Bouzas. / Foto: Xunta

A Xunta de Galicia licitou este xoves a construción do novo centro de saúde de Bouzas, unha ansiada dotación pola que o barrio leva moito tempo agardando. O anuncio foi realizado polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, que visitou pola tarde aos veciños para presentarlles o proxecto no Liceo Marítimo. No acto estivo acompañado da delegada territorial, Corina Porro; e do xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña.

Almuíña xa comunicará persoalmente aos usuarios de Bouzas que a licitación produciríase en marzo pero, segundo a Xunta, foi preciso introducir modificacións no proxecto que retrasaron as previsións iniciais.

O orzamento previsto para a construción desta nova infraestrutura sanitaria é de preto de 1,4 millóns de euros e o prazo máximo de execución previsto no proxecto é de 14 meses dende a firma do acta de comprobación de replanteo. Deste xeito, entre trámites e inicio de obra, prevese que o ambulatorio entre en funcionamento a comezos de 2021.

Unha vez rematado o novo centro de saúde os pacientes se incorporarán cun criterio de voluntariedade, é dicir, se lles ofrecerá trasladarse ao novo centro ou quedar onde estean a ser atendidos agora mesmo. O obxectivo é atender ás necesidades dos pacientes que actualmente reciben asistencia nos centros de saúde de López Mora, Beiramar ou Navia.

O centro estará emprazado nas inmediacións da Alameda, entre as rúas Suárez Llanos e Ferreiros. Para a súa execución procurarase a máxima integración na contorna de acordo co establecido no Plan Especial de Reforma Interior (PEPRI) dese ámbito e mediante o mantemento e reprodución do volume e dos elementos característicos das construcións históricas que ocupaban as parcelas e que na actualidade se atopan practicamente abandonadas.

Por ese motivo, constará de dous volumes construtivos, con dous plantas cada un, que sumarán unha superficie total de 860 metros cadrados e que se comunicarán mediante unha galería. Estará equipado con tres consultas de medicina xeral, tres de enfermería e unha sala polivalente.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

economía

economía

  • Últimas noticias

  • Más leído