Imprimir esta página

fotonoticia

O Cunqueiro celebra unha sesión clínica para pacientes con Síndrome de Sjögren

23 Julio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Participantes na sesión clínica. / Foto: Sergas Participantes na sesión clínica. / Foto: Sergas

O Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) celebrou este martes o Día Mundial da Síndrome de Sjögren, unha enfermidade rara que se asocia á artrite reumatoide e ao lupus e que provoca secura nas mucosas do ser humano.

O acto consistiu nunha sesión clínica, dirixida sobre todo a informar os pacientes, que presentou o xerente da área sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, e que estivo moderada polo reumatólogo do Chuvi, José María Pego. Na sesión abordáronse temas relacionados con esta patoloxía, a cargo de facultativos e enfermeiras do Servizo de Reumatoloxía, así como especialistas do Servizo de Oftalmoloxía. A visión do paciente correu a cargo da portuguesa Ana Vieira, que forma parte do Comité Sjögren Europa.

Inicia sesión para enviar comentarios