16092019Lun
Última edición: Dom, 15 Sep 2019 8pm

O Sergas inviste 350.000 euros en novo equipamento para os centros de saúde da área de Vigo

A administración sanitaria saca a licitación o subministro de 60 unidades de holter de presión arterial, 50 espirómetros e 6 retinógrafos, que se suman ás compras anunciadas o mes pasado

25 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha consulta dun centro de saúde. Unha consulta dun centro de saúde.

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) investirá nos centros de sáude da área de Vigo 344.850 euros na adquisición de novos equipos de diagnóstico clínico por un importe de 344.850 euros, despois de que saíse á licitación a compra deste material.

En concreto, trátase de 60 unidades de holter de presión arterial (MAPA) -consistente no sistema para o rexistro, almacenamento e análise da presión arterial de xeito ambulatorio-; 50 espirómetros -dispositivos que miden a capacidade pulmonar-; e 6 retinógrafos- equipo para capturar imaxes da retina sen dilatación pupilar, para a determinación de retinopatías do paciente diabético-.

Esta é unha das medidas a corto prazo contempladas no Plan Galego de Atención Primaria 2019-2021 aprobado o pasado mes de maio. Esta actuación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación no ámbito da atención primaria, mediante a renovación do material de diagnóstico obsoleto das consultas dos centros de saúde do Sergas así como a dotación do equipamento necesario.

Estas licitacións súmase á que xa se publicou a finais do mes pasado para a subministración de novo equipamento electromédico tamén destinado a centros de saúde de Vigo cun orzamento que ascende a 579.348 euros. Esta cantidade irá destinada á adquisición de 57 electrocardiógrafos (234.498 euros), 50 desfibriladores (cun custo de 272.250 euros) e 3 ecógrafos (72.600 euros).

Os novos equipos electromédicos permitirán aumentar as prestacións de probas diagnósticas dos centros de saúde da área sanitaria de Vigo, e evitarán desprazamentos de pacientes ao hospital.

A renovación dos ecógrafos posibilitará a mellora na realización de programas específicos de saúde como: ecografía abdominal, urolóxica, xinecolóxica e de aorta e grandes vasos que permiten ao profesional de Atención primaria descartar patoloxías no paciente, evitando o desprazamento de pacientes á atención especializada.

Inicia sesión para enviar comentarios

movilidad

sucesos

medio ambiente

  • Últimas noticias

  • Más leído