25082019Dom
Última edición: Dom, 25 Ago 2019 10am

Coruxo e Matamá quedarán sen pediatra durante varias semanas do verán

Ademais, os centros de saúde de Navia, Coia e Lavadores non terán consultas vespertinas durante parte do período estival

12 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Unha manifestación anterior polos recortes en Pediatría en Coruxo. Unha manifestación anterior polos recortes en Pediatría en Coruxo.

A dirección da área sanitaria de Vigo anunciou este mércores unha reorganización dos servizos asistenciais de Atención Primaria durante o verán, que farán que algúns centros de saúde perdan unidades de atención e que os seus usuarios teñan que desprazarse a outros barrios ou municipios, tanto na cidade olívica como na contorna. A principal decisión consiste na centralización da asistencia sanitaria en horario de mañá.

Unha medida que o Sergas defende ao producirse unha “falta de persoal para realizar as substitucións dos profesionais que están de vacacións”. Así, en Pediatría parroquias como Coruxo, San Miguel de Oia, San Andrés de Comesaña ou Saiáns, que reciben atención no centro de saúde de Coruxo, pasarán consulta en Navia entre o 24 ao 30 de xuño e do 1 ao 15 de agosto. Ademais, no propio barrio de Navia só haberá quenda de mañá durante os meses de agosto e de setembro.

Do mesmo xeito, os nenos de Matamá serán derivados a Sárdoma durante a primeira quincena de xullo. Mentres, Coia suprimirá o horario de tarde de Pediatría do 1 ao 23 de agosto e Lavadores fará o propio en xullo e en agosto.

Igualmente, Redondela asume na unidade de mañá a actividade de Chapela durante a segunda quincena de agosto e Tui non terá atención pediátrica pola tarde entre o 22 de xullo e o 2 de agosto e durante a primeira quincena de setembro.

Medicina Familiar
Os cambios nas consultas de Medicina Familiar e Comunitaria afectan a menos centros e consultorios. Deste xeito, concentrarase en horario de mañá as consultas de Tomiño entre o 1 de xullo e o 15 de setembro.

As consultas de Valeixe centralízanse no Centro de Saúde da Cañiza durante os meses de xullo e agosto. Os pacientes de Tabagón serán atendidos no Centro de Saúde do Rosal no mesmo período de tempo. E, durante a primeira quincena de xullo, os pacientes de Mondariz Balneario deberán acudir a Mondariz.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

transporte

celta

sucesos

patrimonio de la humanidad

  • Últimas noticias

  • Más leído