20082019Mar
Última edición: Lun, 19 Ago 2019 7pm

Estudantes de Enxeñería Biomédica aprenden en Vigo técnicas de reanimación

Os 50 estudantes deste novo grao universitario recibirán no vindeiro ano, dúas asignaturas completas no hospital

09 Junio 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
A primeira promoción de estudantes xa iniciaron a súa interacción co mundo hospitalario e cos profesionais sanitarios. / Foto: Sergas A primeira promoción de estudantes xa iniciaron a súa interacción co mundo hospitalario e cos profesionais sanitarios. / Foto: Sergas

A I Promoción de Grao de Enxeñeiros Biomédicos xa tiveron a súa primeira interactuación co mundo hospitalario e os seus profesionais sanitarios. Así, veñen de participar nun curso voluntario de soporte vital, onde aprenderon as técnicas básicas dea reanimación cardiopulmonar.

O curso foi impartido por un equipo da Unidade de Coidados Intensivos, o doutor David Mosquera e as enfermeiras Marta Rodriguez e Belén Magariños.

Esta I promoción xa recibirán no segundo cuatrimestre do vindeiro ano parte da súa formación no Cunqueiro, onde cursarán as asignaturas completas -teórica e practica- de Estrutura e Patoloxía Médica e Estrutura e Patoloxía Cirúrxica.

A Enxeñería Biomédica aplica os principios da enxeñería ás ciencias da vida. Esta disciplina combina os criterios de deseño en enxeñería e as ferramentas de análise das ciencias para resolver problemas en medicina, bioloxía, biotecnoloxía ou farmacia. Esta formación universitaria está orientada á investigación e ao desenvolvemento de equipos electrónicos utilizados nos centros sanitarios para o diagnóstico e a práctica clínica así como noutros campos da medicina como a Telemedicina, a Xestión sanitaria e Equipamento. Isto é, trátase de aplicar os principios e coñecementos da enxeñería industrial, da telecomunicación e informática ao campo da medicina e da tecnoloxía de produtos sanitarios.

Cinco disciplinas completas no hospital
A partir do 2º curso, os alumnos e alumnas cursarán 5 asignaturas completas no hospital: Estrutura e Patoloxía Médica e Estrutura e Patoloxía Cirurxía (en 2º curso); Enxeñería Clínica e Hospitalaria, e Fundamentos da Tecnoloxía Hospitalaria (en 3º curso); e Tecnoloxía Hospitalaria en cuarto.

Inicia sesión para enviar comentarios

sucesos

tráfico

tecnología

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído