18082019Dom
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

A área sanitaria de Vigo despide a promoción de residentes más grande da súa historia

Un total de 79 especialistas finalizaron este mércores a súa formación como especialistas e recibiron a orla oficial nun acto que se celebrou no Álvaro Cunqueiro

15 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
Foto de familia dos residentes. / Foto: Chuvi Foto de familia dos residentes. / Foto: Chuvi

O hospital Álvaro Cunqueiro acolleu este mércores o acto de despedida dos 79 residentes que concluíron este ano o seu período de formación como especialistas, tanto médicos como enfermeiras. Os novos facultativos pasaron catro ou cinco anos, dependendo da especialidade, nos distintos servizos, mentres que as novas enfermeiras formáronse durante dous anos.

No transcurso deste evento impartiuse unha lección maxistral, que este ano correu a cargo do doutor Fernando Domínguez Freire, urólogo do Chuvi que falou sobre ‘As orixes da medicina civil municipal en Vigo. Da caridade á asistencia’.

Os 79 novos especialistas recibiron unha copia da orla oficial, ademais dun agasallo institucional da  EOXI de Vigo. Tamén concluíron hoxe a súa formación sete especialistas en Enfermería Familiar e comunitaria, catro máis en Enfermería Pediátrica, dúas enfermeiras especialistas en Saúde Mental, catro matronas especialistas, un residente de Psicoloxía Clínica e dous de Farmacia Hospitalaria.

No transcurso do acto tamén fíxose entrega dos Premios Rosa Díaz e Begoña Dominguez á investigación dos residentes durante a súa etapa de formación, que recoñecen aos mellores estudos realizados.

O primeiro premio Rosa Díaz foi para José Luis Thenier Villa, residente de Neurocirurxía, polo traballo: ‘Cambios hemodinámicos durante el tratamiento de múltiples aneurismas intracraneales: un estudio de dinámica de fluidos computacional’, publicado na Revista World Neurosurgery;  e o segundo premio recaeu en  Victoria Arnalich Montiel, residente de Neumoloxía por ‘Test de caminar seis minutos como herramienta para determinar la capacidad de ejercicio y Pronóstico de los pacientes con silicosis’, publicado na revista de Archivos de Bronconeumología.

O premio ao mellor traballo de investigación Begoña Domínguez, que celebrou este ano a súa primeira edición, foi para Marta Baz Rodríguez, residente en Enfermaría Familiar e Comunitaria, cuxo traballo que leva por título ‘Uso problemático de internet en los adolescentes del área sanitaria de Vigo’.

Mentres, o premio ao mellor proxecto de fin de residencia foi para Estefanía Belmonte Urtiaga, residente en Enfermaría Pediatría por ‘Efectividad de la anestesia tópica como analgesia durante la vacunación en lactantes de dos meses’.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído