17082019Sáb
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

Novos xefes de servizo nos centros de saúde de Casco Vello, A Cañiza e Redondela

A xerencia da área sanitaria de Vigo nomea a tres facultativos para dirixir estes ambulatorios tras a renuncia dos anteriores

14 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
De esquerda á dereita, Roberto Devesa, Rosa Iñeiro e José Ángel González. / Foto: Chuvi De esquerda á dereita, Roberto Devesa, Rosa Iñeiro e José Ángel González. / Foto: Chuvi

A xerencia da área sanitaria de Vigo vén de nomear a tres novos xefes de servizo doutros tantos centros de saúde. En concreto, trátase dos centros de Casco Vello, A Cañiza e Redondela, que tiñan ata agora vacante o posto. Os tres novos xefes de servizo xa desempeñaban o seu traballo como facultativos neses mesmos centros e dispoñen dunha dilatada experiencia, tanto en Atención Primaria como nos propios centros, nos que levan anos traballando.

Rosa Piñeiro Guerrero é a nova xefa de servizo do centro de saúde do Casco Vello, no que leva traballando 13 anos. Licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca en 1987, obtivo a especialización en Medicina Familiar e Comunitaria no ano 1991. Con anterioridade ao Casco Vello traballou 15 anos no centro de saúde de Cangas.

José Ángel González Alonso pasa a ser xefe de servizo do centro de saúde de A Cañiza, no que xa traballa como facultativo desde hai 11 anos. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1990, obtivo a especialidade no ano 1994. Con anterioridade ao seu destino actual, traballou en Atención Primaria de Ourense, principalmente no centro de saúde de A Ponte, aínda que estivo destinado en varios centros máis da área sanitaria ourensá.

Roberto Devesa González é o novo xefe de servizo do centro de saúde de Redondela, no que leva traballando desde hai 9 anos. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago en 1993, obtivo a especialidade en 2000. Antes do seu destino en Redondela estivo 12 anos como xefe de sala no 061.

Cos nomeamentos que se fan públicos este martes, a xerencia inicia o proceso de renovación das xefaturas de servizo nos centros de saúde da área sanitaria. O proceso irase resolvendo paulatinamente con novos nomeamentos.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

celta

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído