19082019Lun
Última edición: Jue, 15 Ago 2019 7pm

saúde

O Cunqueiro acolle un curso formativo sobre enfermidades de esófago

Especialistas de Galicia e do norte de Portugal asisten no Álvaro Cunqueiro a un obradoiro formativo para abordar mediante endoscopia diversas patoloxías do esófago

04 Mayo 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O obradoiro estivo a cargo do doutor Eduardo Albéniz, do Complexo Hospitalario de Navarra, e da doutora Pamela Estévez, facultativa do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). / Foto: Sergas O obradoiro estivo a cargo do doutor Eduardo Albéniz, do Complexo Hospitalario de Navarra, e da doutora Pamela Estévez, facultativa do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi). / Foto: Sergas

Formación en técnicas avanzadas para realizar endoscopias no esófago de pacientes cunhas patoloxías moi concretas.

Este foi o obxectivo da xornada que organizou o servizo de Aparello Dixestivo, en colaboración co Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, e que estivo a cargo do doutor Eduardo Albéniz, do Complexo Hospitalario de Navarra, experto en estas técnicas, e da doutora Pamela Estévez, facultativa do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

A xornada asistiron uns quince especialistas de Galicia e do norte de Portugal, que puideron coñecer de primeira man as técnicas avanzadas para o tratamento endoscópico de dúas patoloxías de esófago: o divertículo de Zenker e a Achalasia.

“Son dúas enfermidades pouco frecuentes, pero cuxo tratamento por vía endoscópica é mellor para o paciente xa que evita a cirurxía, que é a alternativa que existe agora para tratalas, pero que non resolve todos os casos”, explica a doutora María Luisa de Castro Parga, adxunta do servizo de Aparello Dixestivo e unha das coordinadoras da xornada.

Consolidación
A iniciativa persegue consolidar en próximos anos este tipo de xornada formativa no hospital vigués. Segundo o xefe de servizo, doutor Rodríguez Prada, “o Hospital Alvaro Cunqueiro conta cunhas instalacións e un equipamento endoscópico de alta calidade, e ademais está en fase de crecemento polo que contamos poder implementar estas e outras técnicas proximamente”.

De levarse a cabo a iniciativa, o CHUVI sería o primeiro complexo sanitario do Servizo Galego de Saúde en realizar estas técnicas de forma habitual, sempre tendo en conta que as patoloxías non son excesivamente frecuentes.

O servizo de Aparello Dixestivo do CHUVI conta agora con 19 facultativos especialistas en endoscopias, 4 médicos en formación e imparte docencia a estudantes de Medicina da Universidade de Santiago. 

O nivel de actividade do servizo é moi alto e se realizan no hospital vigués unhas 15.000 exploracións endoscópicas anuais tanto diagnósticas como terapéuticas.

Inicia sesión para enviar comentarios

Encuesta

¿Cuál ha sido el concierto de Castrelos que más te ha gustado?

Ms Lauryn Hill - 2%
Leiva - 9.9%
Tom Jones - 8.4%
Fangoria - 2%
Rick Astley - 5.8%
Roger Hodgson - 5.3%
30 Seconds to Mars - 26.6%
Vetusta Morla - 26.4%
David Bisbal - 11.7%
La votacion ya ha finalizado en: Agosto 19, 2019

rutas

el vigo de otra época

  • El Tranvía a Baiona y Gondomar
    El Tranvía a Baiona y Gondomar En los años 20 del siglo pasado Vigo ya disponía de un magnífico servicio de cercanías gracias al ferrocarril de vía estrecha que nos acercaba a O Porriño por un lado y a Gondomar y Baiona por otro. Desgraciadamente por…
    Leer más...

el vigo de otra época

rutas

  • Últimas noticias

  • Más leído