16112019Sáb
Última edición: Vie, 15 Nov 2019 6pm

Sanidade presenta en Vigo o novo modelo de Atención Primaria

Almuíña presentou o Decálogo do Paciente, que explica en dez puntos clave como o novo modelo de atención primaria mellora a vida dos cidadáns

06 Abril 2019 por
Valora este artículo
(0 votos)
O Consello Asesor de Pacientes está constituído por medio centenar de Asociacións de pacientes da área. / Foto: Sergas O Consello Asesor de Pacientes está constituído por medio centenar de Asociacións de pacientes da área. / Foto: Sergas

O Servizo Galego de Saúde convocou este sábado ao Consello Asesor de Pacientes da área a unha xuntanza co conselleiro de Sanidade para presentarlles as liñas estratéxicas, os obxectivos e accións do Plan para reformular a Atención Primaria.

O Consello Asesor de Pacientes, constituído por medio centenar de Asociacións de pacientes da área, é unha estrutura de participación e asesoramento da Comisión da Dirección da EOXI de Vigo. Foi creada no ano 2016 -sendo a primeira de Galicia e unha das poucas de España- co obxectivo de establecer as canles de comunicación necesarias para que a opinión dos pacientes sexa escoitada, así como os mecanismos de cooperación para mellorar a saúde e benestar da poboación.

Neste contexto, o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, acompañado do xerente do Sergas, Antonio Fernandez Campa, e o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial, quixo que coñeceran de primeira man as 7 liñas estratéxicas, os máis de 50 obxectivos e as preto de 200 accións - o 40% a realizar a curto prazo- que configuran o plan que vén de elaborar a Administración sanitaria galega para reformular a atención primaria. “Galicia e o País Vasco son as únicas comunidades autónomas que abordaron a reformulación dun novo modelo para este nivel asistencial.Trátase dunha oportunidade única para a sanidade galega e neste proceso queremos contar con vós; é fundamental que os pacientes coñezades e participedes activamente neste Plan, que sentará as bases da atención primaria para os próximos 25 anos”-explicou Vázquez Almuiña.

O papel do equipo, un dos eixos do Plan
O papel do equipo foi un dos eixos do Plan presentado hoxe. “O envellecemento e a prevaleza de enfermidades crónicas fai máis necesario que nunca reforzar o papel do equipo que permita mellorar a asistencia sanitaria aos pacientes. Este Plan reforza ese papel do equipo na atención aos crónicos dun xeito determinante, e aposta pola mellora de intercomunicación entre a atención primaria e hospitalaria”-

Esta menxase forma parte das Liñas Estratéxicas do Plan e do Decálogo do Paciente. O Decálogo, que o titular do departamento sanitario galego deu a coñecer no transcurso desta xuntanza, vai destinado á cidadanía e explica en dez puntos clave como o novo modelo de atención primaria mellora a vida dos cidadáns. Así, especifica que os profesionais terán máis tempo para atender ao paciente, que se mellorará a accesibilidade aos servizos sanitarios e que se potenciará a coordinación dos profesionais do equipo de atención primaria, e tamén, coas farmacias, asociacións de pacientes, etc. en prol da súa saúde.

Outros dos puntos deste Decálogo do Paciente destacan que o novo modelo de atención primaria permitirá unha comunicación máis fluída entre os profesionais dos centros de saúde e do hospital, que se mellorara a sinalización dos centros de saúde e se informará aos pacientes sobre os recursos comunitarios para controlar mellor a súa enfermidade.

Tamén destaca o Decálogo que as persoas con enfermidade crónica terán un profesional sanitario de referencia e farase o seguimento conxunto da súa patoloxía con outros profesionais, que se potenciarán as visitas a domicilio de médico, enfermeiro e traballador social para os pacientes crónicos e implantaranse as ferramentas tecnolóxicas necesarias para o seguimento na casa. Ademáis, os cidadán poderán anular as citas do hospital dende o centro de saúde cando non poida acudir a elas; e se explica aos cidadan que ante algún problema no centro de saúde, as persoas de referencia son o xefe de servizo e coordinador do centro.

Liñas estratéxicas do novo Plan
A primeira das liñas estratéxicas hoxe presentadas céntrase nos profesionais, coa dotación de recursos humanos deste nivel asistencial, e adaptando o número de prazas ás características epidemiolóxicas e demográficas. A segunda das liñas é a referida á coordinación e comunicación entre a atención primaria, a hospitalaria, e o 061. A terceira das liñas refírese á creación de equipos de atención primaria nos que se definan novas funcións.

A cuarta das iniciativas dadas a coñecer hoxe é a que aborda a atención á demanda contemplando as axendas, domicilios, e a atención programada e urxente. A quinta das liñas é a que trata da formación, docencia e investigación, sendo a sexta a que contempla a relación cos pacientes e a comunidade e a sétima a que establece o plan de necesidades e a súa priorización.

Participación de profesionais e cidadanía
O plan para Primaria recolle as achegas formuladas por máis de 120 profesionais de todas as categorías, nas 25 reunións mantidas ao longo de todo o proceso e constituídos en 10 grupos de traballo. Igualmente, o documento recolle as achegas aportadas pola cidadanía a través das máis de 4.500 enquisas telemáticas rexistradas na plataforma É-Saúde.

Tamén se tiveron en conta as aportacións dos colexios profesionais, as asociacións científicas, o Consello Asesor de Sanidade e o de Pacientes. Ademais, Sanidade abordou a mellora de primaria coa FEGAMP, e coas consellerías de Educación e de Política Social, entre outras.

O novo modelo de atención primaria recolle as medidas incluídas nos acordos acadados co Consello Galego de Colexios Médicos, así como coa Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria (Semergen), Sociedade Española de Médicos Xerais e de Familia (SEMG), a Asociación Galega de Medicina Familiar e Comunitaria (AGAMFEC), e os catro colexios de enfermería. Tamén manifestaron o seu apoio ao documento os traballadores sociais, os profesionais de enfermería, fisioterapia e servizos xerais.

Inicia sesión para enviar comentarios

vigo

tecnología

navidad

  • Últimas noticias

  • Más leído